Eventos
Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron o museo xeolóxico e miradoiros do territorio do Xeoparque. Estiveron acompañados dos seus mestres, María José e Javier, así como do director dos museos de Quiroga, Ramon Vila, que, unha vez máis, transmitiu aos alumnos informacións moi interesantes sobre o noso territorio. O noso agradecemento pola súa desinteresada colaboración co noso colexio en tantas ocasións!
Os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron unha actividade moi divertida. Da man de Salvador, do club de orientación Pena Trevinca do Barco, aprenderon en que consiste o deporte de orientación e fixeron actividades prácticas sobre esta interesante modalidade deportiva descoñecida para a maioría deles. Aínda que o tempo non axudou viviron unha xornada moi divertida!
O pasado 22 de novembro tivo lugar un obradoiro no CEIP de Quiroga, donde acolléndonos a campaña institucional da Xunta de Galicia os nenos e nenas tinguiron un lazo dibuxado no chan, da cor da solidariedade coas vítimas da violencia machista.
Dentro da área de Ciencias Sociais os alumnos de primeiro están a experimentar cunha nova ferramenta educativa: os escornabots. Deste xeito, dentro da unidade dúas: coñecemos a localidade, procuramos desenvolver os seguintes obxectivos:
-
Coñecer e identificar os medios de transporte.
-
Identificar as principais sinais de tráfico e o seu significado.
Na xornada do día 3 de decembro para dar visibilidade ás persoas con discapacidade, o departamento de orientación do CEIP de Quiroga formado polas mestras Sara, Tania e Laura, realizaron unha serie de dinámicas con todo o alumnado do centro para sensibilizar e concienciar sobre este tema.
O pasado 5 de decembro tivemos á comunidade escolar de Infantil do CEIP de Quiroga no Museo Xeolóxico, incluso trouxeron o seu pasaporte de xeoexpertos.
Na maña do 11 de decembro, 69 alumnos de terceiro a sexto de primaria viaxaron ata o Barco para asistir a un concerto titulado “ El mágico planeta de los instrumentos insólitos”.