Eventos
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria tamén saíron facer un tramo do Camiño de Inverno: Caspedro - Quiroga con parada na Igrexa de Hospital.
O pasado día 12 de abril, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria realizou unha saída para percorrer un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Chantada. Aproveitaron tamén para facer unha actividade de ecoloxía e limparon de lixo ese tramo do camiño. Pola tarde visitaron as instalacións do Ecomuseo de Arxeriz e as excavacións arqueolóxicas do castro que alí se atopa.
Aproveitando a excursión a Chantada, os alumnos de terceiro e cuarto realizaron a limpeza dun tramo do camiño de Santiago de Inverno no marco das actividades programadas no PDI: "Todos os camiños levan a Santiago...tamén o de Inverno".
O alumnado de quinto e sexto de primaria participou na segunda xornada de educación medioambiental “Sementar, sementarei” organizada polo GDR Ribeira Sacra Caurel. Nesta ocasión participaron 219 alumnos e 29 docentes. A actividade incluía a realización de talleres e a plantación de árbores por parte dos escolares. As árbores plantadas polos nenos e nenas levan un cartel co nome de todos eles.
Aquí vos deixamos o proxecto elaborado polas profesoras de Educación Infantil: "O camiño de Inverno en Infantil"
Os mais pequenos do colexio tamén fixeron un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Quiroga. Ademáis visitaron o albergue onde lles selaron as súas credenciais de peregrinos.
A biblioteca do CEIP conmemorou o Día do Libro cía elaboración dun minilibro sobre o Camiño de Inverno por parte de todo o alumnado do centro. Grazas a mestra Sara Chavert que foi a creadora do minilibro.