Eventos
Na biblioteca do cole, Cristóbal, xornalista de La Voz de Galicia e voluntario veu falar ao alumnado de terceiro , cuarto, quinto e sexto de primaria sobre o carné solidario, actividade organizada pola Dirección Xeral de Voluntariado da Consellería de Política Social, na que participan todas as alumnas e alumnos destes cuatro cursos.
Con diversas actividades, celebramos na biblioteca do centro, o día de Rosalía de Castro.
A alumna de 4º de primaria María Vila Rochela obtivo o premio provincial de poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Provincial de Lugo. María resultou gañadora na fase local e posteriormente na fase provincial do certame. Esta actividade forma parte da colaboración habitual que a Biblioteca do CEIP mantén coa Biblioteca municipal.
Parabéns María!
Conmemoramos a semana da prensa. Traballamos con xornais nas aulas, fixemos unha exposición na biblioteca con exemplares aportados por mestres/as e alumnos/as e os máis pequenos traballaron co conto “O homiño de papel” e xornais.
Conmemoramos O Día da Muller coa nosa Árbore da Igualdade. Grazas ao Centro de Información a Muller do Concello de Quiroga que organizou esta estupenda actividade de concienciación entre o noso alumnado.