Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 14, 2017
Start: 14 Nov 2017 10:01

O xoves 9 de novembro o alumnado celebrou un magosto; primeiro realizando xogos no patio tendo ás castañas como elemento común de todos eles.

Despois do xantar, puideron degustar os froitos dos nosos castiñeiros...

Para acceder á galería fotográfica: https://photos.app.goo.gl/0y3XwX1KsUZslfIy1

 

Venres Novembro 24, 2017
Start: 24 Nov 2017 16:46

No colexio tamén conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, para iso contamos coas traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga, Marisa e Lucía, que concienciaron ao alumnado a través de varias actividades, que culminaron nunha gran fotografía no patio do colexio onde os alumnos e alumnas levantaron as mans negras, con mensaxes contra a violencia, previamente elaboradas na biblioteca do centro.

Mércores Novembro 29, 2017
Start: 29 Nov 2017 16:41

Hoxe contamos coa presenza na nosa biblioteca de Aida Menéndez Lorenzo, gran coñecedora e impulsora do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela. Aida Menendez Lorenzo é a presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e é autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Aida ofreceu aos alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de primaria unha agradable e didáctica charla sobre o Camiño de Inverno.

Distribuir contido


by Dr. Radut