Eventos
Este curso dentro do PLAN PROXECTA estamos a traballar co proxecto “todos os camiños levan a Santiago... tamén o de inverno” dentro dunha actuación de educación patrimonial. Con el pretendemos dar a coñecer e poñer en valor ante os nosos alumnos/as o Camiño de inverno, recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia o ano pasado. Pretendemos traballar especialmente o tramo do camiño que pasa polo noso concello. Como actividade de partida de dito proxecto contamos coa presenza de Ramón Vila, director dos museos de Quiroga, na nosa biblioteca.
Este curso, dentro do PLAN PROXECTA, traballamos co proxecto “todos os camiños levan a Santiago... tamén o de inverno”, dentro dunha actuación de educación patrimonial. Con el pretendemos dar a coñecer e poñer en valor ante os nosos alumnos/as o Camiño de inverno, recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia o ano pasado. Pretendemos traballar especialmente o tramo do camiño que pasa polo noso concello. Como actividade de partida de dito proxecto contamos coa presenza de Ramón Vila, director dos museos de Quiroga, na nosa biblioteca.

O pasado día 25 de outubro, os máis peques do colexio, acompañados polas súas mestras, Inés, Rocío, Uxía, Yolanda e Sara; visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte de Lemos, despois regresaron en tren ata San Clodio, onde foron recollidos polas súas familias. Foi unha viaxe inesquecible!
As alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de primaria acompañados polos seus mestres: Ana, Carina e Rafa, así como polo director dos museos de Quiroga, Ramón Vila Anca, fixeron hoxe un tramo do Camiño de inverno dentro do noso concello. Camiñaron dende Caspedro ata A Ermida, parando en Hospital, onde visitaron a igrexa de San Salvador. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Documental Integrado impulsado dende a biblioteca do centro, que leva por título: “Todos os camiños levan a Santiago... tamén o de Inverno”.
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto visitaron onte, luns, día 30, a exposición “ La geología de los parques naturales” ubicada na sala de exposicións Manuel María da Casa da cultura. Unha vez máis, Ramón Vila explicou aos nenos e nenas os contidos da exposición. Sen dúbida foi unha interesante e formativa saída do centro.
Un ano máis chegou o tempo de Samaín é os alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga decoraron as súa cabazas. Aquí tedes unha mostra do seu terrorífico aspecto.