A semana de Entroido chegou e envolveu de risas todo o noso colexio. O Entroido é época de troula e diversión, onde a premisa fundamental que nos plantexamos é que se faga en liberdade.
Buscando e buscando na web atopei unha frase sobre este tema que me fixo reflexionar e quero compartila con vós, xa que me parece unha premisa fundamental.
E despois desta reflexión, paso a contar como transcurriu a nosa semana de Entroido.
Dende o equipo de Dinamización da lingua Galega encomendáronnos achegarnos a unha figura do Entroido tradicional galego. Neste caso as Madamas e Galáns do Entroido de Santa Cristina de Cobres. Para o cal visionamos fotos e vídeos, e levamos a cabo unha representación dos mesmos.
Entre tanto coñecemos a "Huesitos", un esqueleto que nos poñía un mandado para cada día. Nesto teño que agradecer a todas as familias a colaboración.
E aquí tedes unhas fotiños de cada un dos días e os orixinais que viñemos.
LUNS DEPORTISTAS
MARTES DE PERRUQUERÍA
MÉRCORES ADORNO NA CHAQUETA
XOVES EN PIXAMA
VENRES, O NOSO DISFRAZ
Para rematar, entre todo o alumnado do cole, se elaborou un precioso mural coas diferentes manifestacións do Entroido en Galicia, o cal é tan representativo e con costumes tan distintas.