Skip to Content

Actividades

Xogamos co taumatropo de Xaquín.

Actividades do Plan Proxecta.

Participamos no Plan Proxecta.

Este curso, todo o alumnado de Educación Infantil, participa no Plan Proxecta, coa idea central de fomenta-lo uso da lingua galega, por medio de actividades Tics, especialmente, co Stop-Motion (animación de debuxos)

OS MAIOS NO COLE

O día 30 de abril celebramos OS MAIOS no noso cole, como se facía antaño para festexar a chegada da primaveira. Todos colaboramos na elaboración e posteriormente cada grupo interpretou o canto dos seus respectivos maios. Dicirvos que foi construído no tempo record de dúas horas, grazas ao labor dos grupos de 4º-5º e 6º de primaria e ao profesorado. Desexamos de verdade que vos guste:

 

O C.E.I.P. QUINTELA CELEBRA O DIA DO LIBRO 2015

 

 

O DIA DO LIBRO CELEBROUSE, COA ACTIVIDADE DE "APADRIÑAMENTO LECTORES".

DIA DA POESIA 2015

CELEBRAMOS O DIA DA POESIA CUN RECITADO DE POEMAS E RIMAS.

MAGOSTO 2014

Xa co Outono ben entrado e apesares do mal tempo reinante nestas últimas datas non puidemos renunciar á celebración do Magosto no presente curso. Vimonos na obriga de celebralo no recibidor do centro e tivemos que renunciar a ir ao monte, tal e como temos acostumado ao noso alumnado, nembargantes a festa quedounos ben lucida:

Saída ao monte

O luns día 29 de outubro saímos ao monte para poder ver como as castañas (patacas como se lle chama en moitas localidades galegas) saen dous seus ourizos e logo as degustamos no cole. Mirade e disfrutade co noso alumnado:

A QUINSA DO 25 ANIVERSARIO

No presente curso, como xa sabedes, celebramos no centro o 25 aniversario e é por iso que a nosa revista Quinsa tivo unha edición especial. Desexamos que vos guste e disculpade os erros que puidesemos ter cometido:

LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, neste mes de maio celebramos o día das letras galegas e no grupo de segundo imos cantar esta canción:

 

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

 

TODO  O ALUMNADO DO COLEXIO DISFRUTOU DURANTE A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DUNHA MOREA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E VALORACIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA.

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut