A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que busca promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
É certo que estamos afeitos ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe moitas mulleres magas. As magas antigas e modernas sempre tiveron que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como dos seus compañeiros ilusionistas. Estes problemas non existen soamente no mundo da maxia, polo que tamén veremos como estas desigualdades danse na vida cotiá de todas as mulleres e en moitas outras profesións.
Para concienciar ao alumnado sobre o día internacional sobre a violencia de xénero, dende a escola traballamos unha serie de recursos audiovisuais que versan sobre os valores da igualdade.