Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2013-2014

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO, CURSO 2013/2014

 

INFORMACIÓN

1.- O proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar rexerase polo disposto na Orde de 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo).

2.- Os postos escolares ofertados para o vindeiro curso neste centro son os seguintes:

  • Educación Infantil: 3 prazas para alumnado con Necesidades Educativas Especiais no nivel de 3 anos, e 17 plazas ordinarias nos niveis de 3, 4 e 5 anos.

  • 1º educación primaria: 3 prazas para alumnado con NEE e 14 ordinarias.

  • 2º educación primaria: 7 prazas.

  • 3º educación primaria: 15 prazas.

  • 4º educación primaria: 11 prazas.

  • 5º educación primaria: 13 prazas.

  • 6º educación primaria: 10 prazas.

3.- O prazo de presentacióndas solicitudes de admisión comprenderá do 5 ao 17 de abril de 2013, ambos inclusive.

4.- Notas:

  • Cada alumo só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

  • O alumnado actualmente matriculado no centro non precisa solicitude de admisión, pois ten garantida a súa praza.

  • Se un alumno ou alumna do centro presenta solicitude de admisión nun centro distinto, deberá comunicalo tamén a este centro. Neste caso, deberá comunicar a renuncia á reserva de praza que lle correspondería antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

5.- No caso de precisar documentación acreditativa dos criterios de baremación, o prazo será do 23 de abril ao 3 de maio.

6.- Publicación de listaxes: 

  • Até o 10 de maio: listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (de ser o caso)

  • Antes do 31 de maio, prublicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

7.- O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño, debéndose cumplimentar un impreso normalizado que se facilitará no centro.

8.- O CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde está adscrito ao CPI Plurilingüe dos Dices (Rois)

9.- A área de influencia deste centro comprende as parroquias de Urdilde, Costa, Augasantas, Ermedelo e Leroño, do concello de Rois.

10.- O colexio ofrece os servizos complementarios de Transporte e Comedor. A normativa que regula cada un destes servizos é a seguinte:

Comedores: Orde do 13 de xuño de 2008; Orde do 21 de febreiro de 2007

Transporte: Real decreto 2296/1983, do 25 de agosto, (BOE do 27), Decreto 203/1986, do 12 de xuño, (DOG do 9 de.xullo), Decreto 160/1988, do 9 de xuño (DOG do 27), Orde do 1 de marzo de 1991 (DOG do 14) e Orde do 22 de xulio de 1997 (DOG do 02/09/1997)



blog | by Dr. Radut