A PAZ
O Día 30 de xaneiro de 2012 foi o día da paz, o colexio de Urdilde celebrouno cos alumnos e os profesores. Cando pola mañá, a primeira hora a os alumnos repartíronlles uns trozos de puzzle cun número a cada un, todos estaban emocionados polo puzzle e preguntábanse que debuxo sería. A quinta hora todos os do colexio reunímonos no ximnasio. O primeiro foi que Dna Amanda dou un discurso de que haxa Paz no mundo, despois cantamos unha canción que se chamaba "Stand by me", era unha canción da Paz. Despois puxeron un video no que cantaban a canción "Stand by me" por todo o mundo. Xusto cando rematou o video cantamos unha canción de Maná que se chama "Queremos Paz". A todo o mundo gustoulle moito a canción. E cando chegou a hora do puzzle, o director D. Benito dictaba que número tiña que sair; cando rematamos o puzzle, era un mundo celebrando a paz. Rematamos o puzzle e chegou o momento de ir ao partio para soltar unhas pombas. Todos debiamos collernos da man, e a última cousa que fixemos foi soltar as pombas com símbolo da PAZ!!!
Aysylu Baymukhametova