Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alunmado de nova incorporación ao centro; dito prazo comprende do 1 ao 20 de marzo.
As solicitudes pódense recoller no centro ou nesta ligazón para a súa posterior entrega no mesmo e tamén pódese facer dos seguintes xeitos:
- A través da web www.edu.xunta.es/admisiónalumnado no apartado dous, tal e como se recolle na imaxe.
- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia no caso de que o procedemento non apareza en primeira páxina, introducir no buscador da sede ED550B e seguir as instruccións
En calquera destes dous últimos casos, o centro recibirá unha notificación de presentación por vía telemática.