Skip to Content

blogue deCEIP de Présaras

FOOD TRUCK

A food truck de "Galicia sabe aMAR" volveu ao noso cole.

Este restaurante sobre rodas achegounos deliciosos petiscos de mar: croquetas de pulpo, choco e un panipuri de mexillón.

TECENDO REDES DE SOLIDARIEDADE

O CEIP de Présaras xunto coa ANPA e a S.D Vilasantar colaborará na recaudación de MATERIAL ESCOLAR para axudar aos centros educativos de Valencia a sobrepoñerse da situación que están a vivir debido ás graves inundacións causadas pola DANA.

COMO COLABORAR?

Participa connosco na MILLA, actividade que realizaremos o vindeiro luns, día 18/11, ás 15:30h, e trae contigo unha pequena aportación.

Aquelas persoas que queiran colaborar e NON poidan participar na MILLA poderán traer as súas donacións ata o luns, día 18/11, ás :30h.

QUE PODEMOS APORTAR?

  • Paquetes de folios, carpetas, libretas.
  • Lapis, bolígrafos, ceras de cores, rotuladores, gomas, tesoiras, pegamento, plastilina.
  • Estoxos, mochilas.
  • ...

TECENDO REDES DE SOLIDARIEDADE

 

PLAN PROXECTA+

A Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa regula o Plan Proxecta+ e establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Finalizado o procedemento establecido na citada resolución, comunicarvos que fomos seleccionados nos seguintes proxectos educativos durante este curso escolar 2024/25:

FESTEXANDO...

O NOSO SAMAÍN

Deixámosvos un vídeo con imaxes terroríficas do medorento roteiro de samaín polo pobo.

Lembrade pinchar na imaxe para ver o vídeo.

E tamén, o menú terrorífico de Samaín degustado no noso comedor. 

Grazas a todas e todos por participar connosco nesta festividade.

SEGURIDADE VIARIA

Hoxe recibimos a visita da Garda Civil de Tráfico.

Rubén, o axente, impartiu unha charla eduactiva sobre seguridade viaria. Durante a visita, o noso alumnado participou en diversas actividades coas motos e bicicletas, aprendendo as normas de tráfico de maneira divertiva e práctica.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Familias,

Deixámosvos información sobre a reportaxe fotográfica que organiza a ANPA da man de Sonrisa Escolar.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Adxúntase o calendario de actuacións para a renovación do Consello Escolar.

Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG 18/09/24)

O OUTONO CHEGOU E CON EL...

 ... UNHA INVITACIÓN CON MOITO AGARIMO.

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

Deixámosvos nun documento adxunto a relación de libros de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut