Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS 2024/25

Con data de hoxe, 17/07/24 publícanse as listaxes definitivas do reparto de libros de texto do fondo solidario do centro para os cursos 3º e 4º de educación primaria.

As listaxes poderanse consultar na aplicación da Consellería de Educación, FondoLibros ou no panel informativo do noso centro.

Para calquera dúbida poden chamarnos por tlfo. ao 886151567

 

Un saúdo

A dirección do CEIP Pl Praza de Barcelos.

¡¡ Bo verán !!

LISTAXES LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

 

Nos arquivos que se xuntan están as listaxes dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2024/25 .-

Como novidade este ano infórmovos que o alumnado de 5ºEP e 6ºEP aínda que están adscritos ao programa EDIXGAL de contidos dixitais, teñen que mercar material complementario para Inglés (están nas listaxes).

Se tedes algunha consulta ou precisades información adicional podedes chamarnos ao cole en horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 h. ao seguinte tlfo.: 886 151567.

 

Un saúdo

A dirección do CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos .-

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR - 2024/25

 

O día 20 de maio de 2024 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

SORTEO EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA 2023/24

O número agraciado no sorteo celebrado no CEIP Pl. Praza de Barcelos, o día 15 de maio de 2024 ás 12:00h. foi :

 

                      1849

 

Para recoller o premio, poderán pasar polo centro ou chamar ao tlfo. 886 151567

O prazo para recoller dito premio son 15 días a partir do día da celebración do sorteo.

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024/25

O día de hoxe, 15 de abril, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poderán ser consultadas na aplicación da Consellería de educación admisionalumnado .-

Impugnación das listaxes definitivas .- No caso dos centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Educación de Pontevedra no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024/25

Normativa reguladora do procedemento:

Prazos .-

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

Infórmase a todas as familias que está publicada a listaxe provisional do fondo de libros e o cheque para o material escolar. Poderán consultar estas listas na aplicación "fondo libros" e tamén na vitrina acristalada na entrada do colexio.

O 13 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

Un saúdo

A dirección

VALES DE AXUDA DE MATERIAL PARA O CURSO 2023/24

Infórmase ás familias que solicitaron as axudas de material escolar para o vindeiro curso 2023/24 que se entregarán a partir do 1 de Setembro.

 

Poderán consultar se a axuda foi aprobada a través da aplicación AdmisionAlumnado .-

 

A dirección do centro .-

Excursión 6º 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut