Cóntovos que, esta semana, o martes, daranme a baixa médica. Así que, a partir da semana que vén, quedaredes ao cargo do profe Marcos, de Educación Musical.
Como xa está rematando o curso e traballastes de forma incrible, cada vez ides ter menos traballos para facer. Esta semana, só van de lingua galega, matemáticas, e ciencias naturais e sociais.
Pero, para quen queira facer cousas, en tódalas áreas puxen unha sección de “recursos libres” con xogos, videos, e propostas para que, os que queirades, poidades traballar, experimentar e facer. Intentei que sexan divertidas. Non deixedes de botarlles un ollo!
E, como non quero marchar sen vervos, o martes, celebraremos unha reunión de webex, todos xuntos, na que tamén asistirá o profe Marcos. Será, como as anteriores, ás 12:00h. Así, desexámonos un bo verán.
De tódolos xeitos, tedes o meu correo electrónico e podedes escribirme cando queirades, e contarme cousas. Tamén podedes polo abalar! Crearei un chat que se chame “Falamos entre nós” no que poderedes deixar mensaxes cando queirades.
Así que non nos despedimos de todo, porque conto con que sigamos falando cando nos apeteza.
Unha aperta moi grande a todos, e moitisísimos bicos… E ata pronto!!
Bótovos moito de menos.
Martina.
Quédavos o traballo da semana nos arquivos adxuntos, e, coma sempre, nos distintos apartados da páxina web.
Proxecto “somos xardineiros e xardineiras”: Esta semana, remataredes. Nesta sesión, faremos a páx 43. Tedes dúas sesións para completala.
Como recurso para observar as plantas na arte, podes ir ao portal web de Santillana (proxectos.santillana.com). (Usuario: santillana, contrasinal: santillana)
Aí:
1- Pinchas no libro do proxecto.
2- Unha vez que entras, pinchas na rodiña da esquina inferior esquerda, e, logo, no cadriño cunha montaña e un sol.
3- Logo, no centro, abres o desplegable.
4- Dentro do desplegable, vas á sección 7 “lecturas, arte e xogos”
5- Dentro desa sección, vas a “As plantas na arte”, e ves os cadros que nos presentan.Daí, podes tomar máis ideas para facer a túa propia obra de arte.
Sesión 2:
Continuar coa actividade da sesión anterior (elaborar unha obra de arte, con plantas, similar á de algún dos autores que viches na presentación).
Quen queira, tamén pode facer a colaxe da páx 44 (voluntario). Dou esta actividade por feita co Arcimboldo que xa temos publicado.
Sesión 3:
Páx 51 e 52.
Sesión 4:
Páx 53. Rematamos!
Parabens polo traballo, chicos e chicas. A partir desta semana, podedes facer, libremente, actividades de ciencias. Déixovos en “recursos”, dentro deste apartado, videos, xogos e fichas interesantes de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.
A partir desta semana, podedes buscar, na sección de “recursos de lengua castellana”, cousas para facer desta área. Podedes elixir de entre as propostas que hai. Serán tarefas libres e voluntarias.
Competencia lectora: tarefa 22 (Só lectura). Podes lerllo en voz alta a alguén da familia, para practicar a túa lectura en alto.
Actividades da páx 59. (A 60, deixámola para mañá)
Sesión 2:
Competencia lectora: Actividades da páx 60. Fai a ficha de lectura moi ben, debes facer un resumo completo (non vale unha frase), empregar boa caligrafía e facer un bo debuxo.
Esta, será la última semana de retos matemáticos. Publicaré las soluciones de todos los que fui poniendo, para que las comprobéis en vuestra agenda. A ver cuántos aciertos!!!
Sesión 1:
Reto 1: 3 centenas y 50 unidades
Reto 2: 9 bolsas con 10 naranjas cada una. ¿Cuántas naranjas hay?
Numeración: Ficha 30. Hemos terminado el bloque de numeración. ¡Felicidades!
Sesión 2:
Reto 1: 8 árboles que dan limones grandes, 7 que los dan medianos y 9 que los dan pequeños. ¿Cuántos limoneros hay?
Reto 2: 8 filas con 7 árboles en cada una. ¿Cuántos árboles hay?
Cálculo y operaciones: Ficha 21.
Sesión 3:
Reto 1:3 bolsas de caramelos a 2€ cada una. ¿Cuánto cuestan las 3?
Reto 2: Si pago los caramelos con un billete de 20€, ¿Cuánto me tienen que devolver?
Resolución de problemas: ya habíamos hecho la ficha 23 por delante, el ejercicio 1. Haz, ahora, la parte de atrás, el ejercicio 3.
Sesión 4:
Reto 1: 7 cajas con 6 bombones en cada una. ¿Cuántos bombones son?
Reto 2: A Juan le quedan 7 canicas, porque perdió 17 en el cole. ¿Cuántas tenía antes?
Medida: Ficha 14. El litro.
Mirad, antes, el video explicativo. (Tened en cuenta que, en el 2º video, no está bien que “litro” se representa con “L”, sino con “l” minúscula, aunque en ocasiones se acepta “L” para diferenciar de la i en algunos tipos de escritura.)
(El litro)
(medio litro y cuarto de litro)
Sesión 5:
Reto 1: 6 centenas, 2 decenas y 51 unidades
Reto 2: 6 centenas, 10 decenas y 17 unidades.
Geometría: Ficha 10. La esfera, el cilindro, y el cono.