DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). (VER TEXTO COMPLETO)
ALUMNADO DESTINATARIO:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (é dicir, as familias que recibiron o vale por valor de 50 euros para a compra de material escolar)
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
PRAZO: ATA O 26 DE NOVEMBRO DE 2021.