Skip to Content

Conciencia léxica -5

Moi bo día a todas e todos!!

Hoxe imos xogar un pouquiño coa conciencia léxica, que xa ides coñecendo. Lembrade que axúdanos a ser conscientes das palabras e a non xuntalas ou separalas cando escribimos.

Tedes que pinchar no altavoz que vos aparece, levar a imaxe correspondente ao seu lugar e contar as palabras que teña a oración pulsando nun cadriño por cada palabra que escoitedes. Ao rematar, pulsade en "terminado", poñede o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Xogades?

Pulsade na imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Apertas para todas e todos!!



blog | by Dr. Radut