Para que serven? -(léxico-semántica -1)

Moi bos días a todas e todos!!

A actividade de hoxe, recomendada para primeiros cursos de educación primaria, e de educación infantil, coa axuda dun adulto, ten que ver co léxico e a semántica. Que quere dicir isto? Pois, léxico refírese ao vocabulario, as palabras que coñecemos, e a semántica ao significado das palabras que manexamos. Este é un aspecto moi importante na estimulación da linguaxe oral, xa que, entre outras cousas, permítenos poder comunicarnos cos demáis e avanzar na aprendizaxe, por exemplo, da lectoescritura e na súa comprensión, tanto lectora como escrita.

Apetécevos probar? Ao rematar tedes que pulsar no botón "terminado", cubrir o voso nome e curso e darlle o botón de enviar.

 

Facede clic na seguinte imaxe:

 

Lembrade que me podedes escribir a al.cole.luisa@gmail.com

Espero as vosas mensaxes, fotos, audios, vídeos...

Unha aperta forte para todas e todos!!