RECURSOS PARA A ÁREA DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS.

Déixovos, neste apartado, varias fichas para traballar valores como o respecto ás normas, a autoestima, habilidades sociais, etc. (datos adxuntos)

Tamén tedes un enlace que me pareceu interesante a diferentes recursos: Aí podedes atopar películas, contos e propostas para traballar diversos valores. Pinchade no seguinte enlace:

Recursos para valores

Agardo vos sirva de axuda. 

Por outra banda, hai miles de actividades libres, que podedes propoñerlles aos nenos e nenas, na casa, para traballar esta área: 

 

-  Cooperación conxunta en tarefas de fogar. 

-  Realizar reunións familiares, nas que conversedes sobre vós, sentimentos, necesidades, e vivencias...

- Solicitar aos nenos/as que organicen un baile/unha merenda/unha festa/un xogo, que sirva para compartir tempo positivo, e de calidade, coa familia. 

- Coidar de outros seres vivos: animais/prantas. 

-  Realizar saídas á natureza, traballando o respecto polo medio ambiente. 

-  Realizar algunha actividade solidaria, coa que vos sintades identificados, na que eles sexan os protagonistas. 

E seguro que se vos ocorren moitas outras ideas para poñer en práctica. 

AdxuntoTamaño
Normas_convivencia_1.pdf189.85 KB
Autoestima_3.pdf190.15 KB
Habilidades_sociales_compañerismo.pdf165.68 KB
paz_no_violencia.pdf292.61 KB
medio_ambiente.pdf625.04 KB
interculturalidad_0.pdf164.93 KB
Evaluacion_final_0.pdf80.24 KB