SEMANA DO 4 AO 8 DE MARIO DE 2020 (2+2 SESIÓNS)

1ª sesión: Proxecto: a merendar

Esta semana, todos debestes rematar o proxecto “A merendar”. Se non o rematastes, douvos esta sesión para poñervos ao día.

Teredes que preparar o que vos falte, e poñer en orde as fichas que tedes do proxecto, e colocalas correctamente. Se queredes, para que non vos abulte no arquivo, podedes encadernalas con argolas e poñerlle unha portada e unha contraportada. Lembrade que algunhas das fichas que vos faltan están na aula. Algúns, tamén estraviastes algunha delas.

2ª sesión: Os nosos amigos os animais.

Como xa rematamos o proxecto “ A merendar” (ainda que nos falta celebrar a merenda común…) comezamos, esta semana, a aprender un pouco sobre animais, xa que levamos visto bastante sobre as prantas:

Na páxina proxectos.santillana.com, pinchamos en “Os nosos amigos os animais”.

Coma sempre: Pinchamos na rodiña, e logo no cadrado cunha montaña e un sol. Baixamos o despregable, pinchamos en “ Os animais son seres vivos”.

Logo, nun folio ou cartolina, elaborarás un esquema sobre as características dos seres vivos e inertes. Tes un modelo nos datos adxuntos.

 

3ª sesión: Proxecto: Somos xardineiros e xardineiras.

Estuda ben a regla dos tes erres: reducir, reutilizar e reciclar, e en que consiste cada cousa. Están na lámina descargable do proxecto, na páxina web de Santillana.

Debate: (Se todo vai ben e amaño o ordenador)  Faremos un debate online en pequenos grupos. Nel, imos falar das vantaxes e inconvenientes que ten actuar sempre de forma respectuosa co medio. Deberedes anotar, cando falemos, as vantaxes e inconvenientes que comentemos durante a conversa.

Se non puidésemos facer a videoconferencia, deixa as túas ideas sobre o tema anotadas nun folio, para cando poidamos celebrala.

4ª sesión: Proxecto: somos xardineiros e xardineiras.

Hoxe, investigaredes sobre unha planta do voso contorno. Deberdes escoller unha flor, unha árbore ou un arbusto. Sobre el, faredes as seguintes actividades:

1.     Elaborar, no caderno de debuxo, un cadro da planta elixida. Debe levar o nome común, e tamén buscaredes en internet, con axuda dun adulto, o nome científico.

2.      Investigar sobre esa planta. Podedes preguntar a alguén que coñeza, buscar nun libro de plantas ou en internet. Poñeredes todo o que vos pareza importante saber sobre ela.

 

Mandarédesme os vosos traballos e elaboraremos unha exposición na galería online.

AdxuntoTamaño
Esquema seres vivos e inertes.pdf44.77 KB
Esquema seres vivos e inertes doc.doc93.5 KB