SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020
- Sesión 1: Sesión oral: gárdaa para o día que fagamos a videoconferencia. Esta semana, faremos pequenos grupos, para non aturullarnos tanto. Pero, para mantervos na videoconferencia, haberá unhas normas:
- Respectar os turnos de palabra.
- Só se utiliza o chat se eu o pido.
- Aténdese aos compañeiros e compañeiras aos que lles toca falar.
- Tratar con respecto a todos, prestando atención e falando cando toca.
Aquelas persoas que non cumplan estas normas, serán excluídas da sesión e falarase cos seus responsables sobre o mal comportamento.
- Sesión 2: Competencia lectora – Tarefa 15.
- Sesión 3: Escritura – Tarefa 15
- Sesión 4: Obradoiro de ortografía – Ficha 20. O ditado, que volo faga un adulto. Sen facer trampa e mirar! Tédelo aquí, e nos datos adxuntos, para escoller o que vos sexa máis cómodo.
DITADO DE ORACIÓNS – FICHA 20.
-
Gústanme moito os garavanzos.
-
Este xampú fai picar os ollos.
-
A herba do xardín, secou.
Por favor, enviádeme, se podedes, os traballos que vaiades facendo. Gracias!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DITADO DE ORACIÓNS - Ficha 20.pdf | 52.77 KB |