SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020

Sesións 1 e 2: 

Dada a situación na que estamos, o mellor que podemos facer polos demáis é axudar en todo o que poidamos. 

Por iso, imos dedicar as dúas sesións a colaborar na casa. Seguro que todos tedes, xa, as vosas tarefas. Pero ademáis, adicarémonos a facer tarefas extra para aliviar o traballo de outros. Podedes facer cousas como:

Fregar a louza

Fregar o chan

Colgar a roupa

Recoller a roupa

Elaborar comidas sinxelas

Coidar das prantas

Coidar das mascotas

Quitar o pó dos mobles

 

E calquera outra que se vos ocorra, a vós ou á vosa familia. Pode ser en dúas horas que escollades na semana, ou repartidas en 4 sesións de 25 minutos ao día e unha de 20. Como vós e a vosa familia dispoñades. 

Facede o traballo ben. Seguro que despois estamos contentísimos de ter axudado!