Skip to Content

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (4 sesións)

O día 23 de abril, celebramos o día do libro. Con este motivo, esta semana, celebraremos a “Semana do libro”. Por iso, decidín que nos dedicaremos a elaborar un libro de contos con un conto de cada un de vós.

 

 Iso significa, que teredes que imaxinarvos e crear tódolos días. Eu, vou ir dando as instrucións, ata que , na sesión 4, teñamos o conto rematado. Cando estea listo, enviarédesmo e faremos un libro con 12 contos que poderedes ler despois na páxina web.

 

Comezamos, entón, co traballo:

 

Sesión 1:

-         

LEMOS: Que é un conto?

Un conto é unha narración curta, oral ou escrita, que relata acontecementos ficticios coa intención de entreter, divertir ou instruir ao oínte ou ao lector.

Os contos utilizáronse desde fai moito tempo coa finalidade de narrar sucesos, aventuras ou proezas.

O éxito dun conto está asegurado se acada deleitarnos e atraernos, contando cousas marabillosas que nos fagan desfrutar. Os contos escritos utilizan imaxes para axudar a conseguir este obxectivo.

Practicamos: Hoxe, faremos, da “Tarefa 14” de “Escritura”, os exercicios 1, 2, 3 e 4, máis as preguntas que vos mando máis abaixo. O exercicio 5 deixámolo para mañá, porque é cansado escribir nun só día e tedes que facelo moi ben! As historias serán publicadas! (por favor, non o fagades todo no mesmo día, porque estaredes cansos e non sairá ben)

 

Sesión 2:

-         

Hoxe, escribiremos un borrador do conto. O borrador é preciso porque, cando escribimos unha historia, ás veces, queremos cambiar cousas, ou temos faltas de ortografía que hai que corrixir. Se a escribimos directamente en limpio, faremos borróns e quedará feo.

 

Collede un folio no que poñemos nome, data, e, como título “Tarefa 14”.

 

Imos imaxinar algunhas cousas que faltan. Para isto, contesta ás preguntas (copia o texto azul no teu folio e responde) (o texto que está en negro son aclaracións, pero non son para copiar):

 

Que personaxe vas escoller para a túa historia? A científica ou ao mensaxeiro?

 

Describe ao personaxe escollido: o seu físico (alto ou baixo, gordo ou fraco, como son os ollos, o pelo…) e o seu carácter( alegre, amable, intelixente, espilida, divertida, aberta, irritable, agradable, antipático, brusca, celoso, chistoso, cumplidor, espabilada...). Logo, debúxao.

 

Vai haber máis persoaxes? Quen son? Descríbeos e debúxaos.

 

Onde sucede a historia? (Describe o lugar con detalle: se é unha gran cidade, unha pequena vila, un monte, a cima dunha montaña, un laboratorio segredo agachado nun lugar moi lonxano… que ten ese lugar, se hai plantas, ríos, árbores, ventás…)

Fai un debuxo do lugar.

 

Borrador

 

Reunindo tódolos datos que tes, empeza a escribir o teu conto, a lápis. Debemos ir por orden:

 

Primeiro escribimos o inicio da historia.

Ao principio…

Fai varios anos vivía…

Había unha vez unha…

Nun lugar moi lonxano…

Ao comezo…

Nun país lonxano…

Vivía unha vez…

Contan algúns vellos que…

 

           No inicio ou presentación, escribimos sobre os personaxes: como son, onde viven... Especialmente, a persoaxe principal. 

 

Logo, explicarás cal foi o problema (Escolle de entre o que está escrito no exercicio 2 da ficha 14).  Esta parte chámase o do conto.

 

Describe ben a situación, que pasou, por que…

 

A continuación, escribimos o remate da historia. É importante pensar unha boa frase para o final!

E, por último… pensamos un título.

Cal será o título do conto?

Na sesión de arte desta semana, deseñarás 2 ilustracións para o teu conto. Debes pensar se, ao pasar a limpo, incluirás as dúas ou só unha no conto, e cal será.

 

Sesión 3.

 

-         

Hoxe, farás a revisión do borrador do conto. Mira ti só se ten faltas de ortografía, e revisa onde colocaches os puntos e as comas. Hai que poñer, tamén, punto e a parte. Polo menos, dous: un ao acabar a presentación, e outro ao acabar o no.

-         

Mira se che gusta como está escrito e, se non che gusta algo, podes cambialo. Aínda estás a tempo!

-         

Cando acabes de revisalo ti, pídelle a un adulto que o revise contigo, por se se che escapa algo.

Hoxe, farás só estas tres cousas. Pero fainas a conciencia!

 

Sesión 4:

 

Hoxe pasaremos o conto a limpo. Por fin!!

 

Colle, no plástico do final do libro, a plantilla para escribir o conto. Se non che chega, podes engadirlle un folio ou cartulina, ou escribir por detrás. Tamén, podes facer máis debuxos.

 

Escribe a historia, exactamente como a deixaches no borrador (se inventas cousas novas, terás novos erros). Elabora os debuxos ben feitos e coloréaos.

 

Lembra poñer o título ao teu conto, no primeiro espazo que hai na plantilla. E asinar ao final, para que saibamos de quen é.

 

Agora que está feito, envíamo por correo electrónico coa axuda dun adulto. Pronto crearei o noso “Libro de contos de 2º”, para o día do libro.



blog | by Dr. Radut