SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020 (2+2 SESIÓNS)
Esta semana, imos retomar os proxectos de aula, xa que os temos case rematados, e debéramos acabar!
Adicaremos dúas sesións a cada un. Agardo que, xa, os rematemos pronto, e retomaremos o traballo que estamos facendo sobre coñecer o noso concello.
Sei que estabamos facendo en grupo estas actividades e, agora, terédelas que facer de forma individual, que é menos divertido. Pero intentaremos sacarlle partido.
Comezamos.
Sesión 1:
Proxecto: “A merendar”.
Hoxe, só revisarás que tarefas che quedan por facer. Todos debemos chegar ata a páxina 40, pero non todos temos rematado. Se che falta algo, faino.
Tamén, repasa os videos que levamos visto ata agora. Para iso, debes entrar en
https://proxectos.santillana.com/
E, aí, escribes o seguinte:
Usuario: santillana
Contrasinal: santillana
Entrarás, e podes ver os videos e presentación do proxecto, para repasar. Na seguinte sesión, Entramos en “Finalizamos o proxecto”.
Asegúrate de ter as fichas ordeadas. Seguro que che faltan algunhas, porque teño eu fichas que me quedaron para corrixir, e algunhas que quedaron sen nome, extraviadas.
Ordena as fichas que teñas no teu arquivador, e prepárate, porque, na próxima sesión, abordaremos a parte final: Imos organizar unha merenda saudable!
Sesión 2: (Proxecto: “A merendar”)
Arquiva xa a páxina verde do libro, na que pon “Finalizamos o proxecto”.
Agora, imos ler a páxina 43 do libro. Imos organizar unha merenda saudable!
Isto, témolo que poñer en común, así que ides facer o seguinte:
Ainda que fagamos unha merenda para a clase, ides facer unha merenda para a xente da vosa casa. Iso, farédelo vós soíños! A ver como se vos da. Imos organizar, en lugar de unha, dúas merendas: Unha para a clase, para cando remate o confinamento. Pero, outra, para casa, na que ensaiaredes os alimentos que queredes preparar, e invitaredes á vosa familia… xa que, agora, non podedes invitar a ninguén máis!
1.
Primeira actividade. A cada pregunta, poñeredes dúas respostas: unha para “casa”, e outra para “cole”. Así:
Onde ides celebrar a merenda?
CASA: Na terraza. (ou no salón, ou no lugar da casa que queirades)
COLE: No campo de San Roque, ou no patio de herba…
E
Non podemos decidir que día imos celebrar a merenda, porque non sabemos cando imos sair do confinamento, pero, seguro que, se saímos nestes meses, é unha boa idea celebrala todos xuntos!
Así que, a pregunta de Que día a imos celebrar, non a contestamos para o cole, só para casa. Cada un, pensará na súa idea, e enviarédela. Todas as ideas que mandedes, poñereinas na páxina web do colexio, na sección “Cociñando”. A merenda da casa, terá que ser un día da semana final de abril, ou xa de maio, para que nos dea tempo a facer os preparativos en conxunto.
Logo, teremos que facer unha lista común con todas as cousas necesarias, e elixir aos encargados de organizar cada preparativo. Iso, elaborarémolo todos xuntos, utilizando o correo electrónico ou o abalar. Deixarémolo para a semana que vén.
2.
Na páxina 44, tedes que escribir alimentos que debe incluir unha merenda saudable. Lembrade a pirámide dos alimentos!!
Logo, escribimos o que nos gustaría traer ou preparar para a merenda. O que fagades para a casa, será o mesmo que propoñamos para o cole… Así ensaiamos! A decisión común, tamén a faremos por correo electrónico ou abalar a semana vindeira. Isto tamén o enviades.
Lembrade que deben ser cousas que podades preparar vós na súa maior parte, ainda que un adulto vos axude un pouco.
Aquí, imos elaborar unha lista de receitas e propostas para unha merenda saudable.
3.
Na páxina 45, saltamos a primeira tarefa porque temos que decidila en grupo. Faremos a segunda: normas para a preparación dos alimentos.
Elaborade unhas normas que creades que deben ter as cociñeiras e cociñeiros que preparen os alimentos que imos comer.
Lembrade que:
Unha norma debe ser breve.
Unha norma pode ser unha orde, que nos obriga a facer algo concreto, ou unha prohibición, que nos impide facelo.
Os verbos das normas poden estar en singular (fai ti, debo facer…) ou en plural (Facede vós, nós debemos ter en conta…). Decidiredes unha das formas para expresalas todas do mesmo xeito.
Por esta semana, chegou! Enviade fotos das vosas propostas, e as vosas normas, para que podamos publicalas. A semana que vén, buscaremos unha forma de tomar decisións conxuntas así, desde o lonxe.
Sesión 3: Proxecto: “Somos xardineiros e xardineiras”.
Imos repasar un pouco. Para isto:
-
Todos debemos ter feito ata a páxina 31-32, polo menos. Revisa, fai as actividades atrasadas, e arquiva as tarefas ata aí.
-
Mañá, elaboraremos un esquema sobre as necesidades das plantas e os coidados axeitados para satisfacelas.
Antes, verás de novo o video, para lembrar. Para isto, debes entrar na páxina seguinte:
https://proxectos.santillana.com/
e, aí, entraras cos seguintes datos:
Usuario: santillana
Contrasinal: santillana
Dentro desa páxina, entras no proxecto “somos xardineiros e xardineiras”. Cando che diga que tés que cambiar o contrasinal, simplemente dalle a aceptar.
Logo, pinchas na rodiña que está na esquina inferior esquerda da páxina, e, aí, no cuadro superior, que ten unhamontaña.
A continuación, na flecha para abaixo que está no desplegable “Somos xardineiros e xardineiras. As plantas”, que está no centro da páxina.
Escolles a sección 3: “a vida das plantas”.
Dentro da sección 3, verás o último video: “Que precisan as plantas para medrar”
Sesión 4:
Hoxe, faremos o esquema sobre coidados e necesidades das plantas.
Farálo nun folio, en horizontal, con bolígrafo azul. Lembra poñer o nome e a data.
O modelo, pódelo ver nos datos adxuntos. Terás que copialo e completalo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Esquema das plantas.pdf | 44.94 KB |