Tarefas Xoves 16 de abril de 2020
TAREFAS DO DÍA:
- ASAMBLEA. Hoxe imos falar das vosas reflexións sobre o cadro de Gustav Klimt que vos presentei o xoves 2 de abril. Xa sabedes como se chama o cadro? (no Chat de Abalar)
-PROXECTO: continuamos coa actividade "OS VOLCÁNS" iniciada onte. Copiamos e resolvemos as actividades 3 e 4.
-
3- Debuxa un volcán e as súas partes (indícaas no debuxo). Coloréao.
- 4- Curiosidades. Copia e completa o seguinte cadro co nome e a altitude de: as 3 montañas máis altas de Galicia, as 3 montañas máis altas de España, as 3 montañas máis altas de Europa e a montaña máis alta do Mundo. Busca en internet ou en libros de consulta a información.
NOME ALTITUDE
GALICIA Peña Trevinca (Ourense) 2.127m
GALICIA
GALICIA
ESPAÑA
ESPAÑA
ESPAÑA
EUROPA
EUROPA
EUROPA
MUNDO
- MATE+: Ficha17. Resolución de problemas.
- E.F.: ver as actividades propostas por Laura.
- HORA DE LER. O sábado 11 de abril de 2020, entrou en erupción o volcán ANAK KRAKATAU, en Indonesia. Vichedes as noticias? Se tendes curiosidade, no seguinte enlace podedes ver como ocorreu todo e a historia deste volcán:
https://www.bing.com/news/search?q=volc%c3%a1n+indonesia+en+erupci%c3%b3...
Como todos os días, as dúbidas resolvémolas no Chat de Abalar ou por correo electrónico.
Bo traballo!