ACTIVIDADES SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DE 2020.(VALORES: 1 SESIÓN)

Hoxe, propóñovos este video. Titúlase “Colorea o teu mundo con amabilidade”.

 


 

 

Despois de velo, quero que reflexionedes sobre se vos gusta ser amables cos demáis, e se o estades practicando tódolos días. Agora, é un momento moi importante e moi difícil para practicar a amabilidade.

Faredes unha lista de cousas que podedes facer para ser amables coa vosa familia. Como podedes axudar? Se non se vos ocorre, podedes preguntar.

Colgaredes esa lista nalgún lugar que vexades tódolos días para lembrar como podedes practicar a amabilidade a diario. Podedes facer a actividade en familia. Todos estamos máis contentos se conseguimos ser amables.

O venres, comentarémolo na asemblea.