Ortografía. Para 3º e 4º de PRIMARIA

Para repasar un pouquiño de ortografía, déixovos estes enlaces con algunhas suxerencias de actividades.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010032313_9141509/false

Nesta páxina podedes atopar na marxe esquerda un guión con varios enlaces. Os que están rodeados de verde son nos que tedes que ir clicando.

Unha vez que vades pinchando en cada un deles primeiro hai unha pequena explicación das regras e a continuación tedes que ir clicando en cada número para realizar as seguintes actividades.

 

Tamén vos deixo esta outra alternativa. Un parchís ortográfico

http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/

 

Na paxina principal, na marxe inferior á dereita atoparades estes debuxos:

Que significa cada unha delas?

  • Libro: teória de repaso sobre as diferentes regras que tedes na seguinte imaxe.

 

  • Botas de bruxa: diferentes actividades para practicar as regras.
  • Vasoira: regras do parchís.
  • Pota: xogo do parchís

 

Posiblemente ao acceder ás páxinas vos aparezan en branco. Clicade na peza do medio e dádelle a permitir no recadro que aparece arriba á dereita. Desta forma xa vos facilita o acceso.

Saudiños