Memory caseiro

Apetécevos crear o voso propio xogo de memory?

Só precisades:

  • Folios ou cartolinas
  • Tesoiras
  • Regra para facer os cadros
  • Lapis ou cores

 Pasos para facelo:

  1. Divide o folio ou cartolina en tantos cadros como imaxes queiras crear. Podes botar man dunha regra.
  2. Recorta cada cadro.
  3. Colle dous cadros e escribe ou debuxa o mesmo nas dúas pezas. Podes debuxar figuras xeométricas de diferentes cores ou escribir números, letras, sílabas ou palabras.
  4. Fai o mesmo co resto das pezas. Temos que crear parellas de pezas que sexan iguais.
  5. Colócaas boca abaixo e revólveas.
  6. Agora cada participante por quendas, ten que levantar dúas pezas. Se son iguais podes collelas. Se son diferentes tes que deixalas no mesmo sitio boca abaixo.

Aquí vos deixo outra idea para facer un memory caseiro.

https://www.youtube.com/watch?v=edddddvYiZY

Agora só queda xogar e estar atento a cando os demais levantan as pezas e memorizar onde quedan colocadas.

 

Saudiños