Vídeos para traballar o ritmo en 3º

Ola de novo.

Déixovos un par de vídeos para traballar o ritmo na casa. Podedes acompañar con palmadas ou con calquer outro instrumento rítmico que teñades na casa: https://youtu.be/4vZ5mlfZlgk

Este é un pouco máis rápido pero tamén máis divertido. Teredes que acompañar  a música de Peer Gynt, de Edvard Grieg: https://youtu.be/Wk43IDUQmTk

Se vos gusta, podedes seguir escoitando Peer Gynt por aquí: https://www.youtube.com/watch?v=3sF_mQLXs_s&t=12s

 

O último tamén se pode cantar, neste caso un ritmo dunha canción africana: https://youtu.be/hIdp_Nj0tgk

Unha aperta e moito ánimo!