Simon di...

Este simple xogo axuda aos nenos/as a poder comprender e executar ordes sinxelas.

O xogo consiste en que un adulto diga: "Simón di" e complete a frase cunha acción. Por exemplo: "Simón di que nos rasquemos a cabeza". Os/as nenos/as teñen que actuar segundo a consígna. Pero, pode complicarse un pouco, se o adulto di: "Agora saltamos nun só pé" (sen dicir "Simón di"). Entón eles/elas non deberían facer o que dixo o adulto ata que non comece a orde coa frase "Simón di". Tamén, o adulto, pode enganar doutra maneira, é dicir, aínda que diga "Simón di que mans arriba" pode poñer as mans abaixo para confundir.

Este é un xogo que fomenta a escóita activa e a velocidade de reacción así como tamén lles axuda aos nenos/as a identificar as palabras adecuadas (neste caso "Simón di") para responder a unha orde.

Veredes que divertido!