Skip to Content

VENRES, 27 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. Que tal estades? Como foron os traballos da semana? Como parece que a suspensión de clases se vai ampliar, a partir de agora, irei poñendo o traballo por aquí, para que vaiades véndoo a diario. Se tivésedes algún problema para velo, podedes escribir ao meu contacto por correo electrónico: martinatrillo@edu.xunta.es

A lista de tarefas de hoxe, é a seguinte:

PRIMEIRO - Abrir a axenda no día de hoxe, anotar o tempo, e, de novo, as medidas da vosa lentella. 

MATEMÁTICAS - Ficha "La multiplicación" (é unha fotocopia que mandei solta cando vos dei as tarefas). 

LINGUA GALEGA - Realizar a ficha do conto "Un que comprou a cidade de Estocolmo" (nesta tarefa, podiades adiantar, así que, ao mellor, algúns xa estades lendo " A tocarlle o nariz ao rei" ou " A famosa chuvia de Piombino". Rematade a lectura que teñades pendente e realizade a ficha. 

Logo, contádeme na asemblea, polo abalar: Por que lectura estades en "Contos por teléfono"? Cal vos gustou máis? 

LINGUA GALEGA/CASTELÁ- Anotar no diario de lectura o conto ou contos que lerades durante esta semana. 

EDUCACIÓN FÍSICA - Hoxe, teriades Educación Física na segunda sesión: entre as 10:05 e as 10:55. 

* Houbo un erro nos enlaces que había en Educación Física, e tiven que borrar o que tiña aquí posto. A mestra de E. F.  irá colgando novas actividades. Polo momento, tócavos, de novo, inventar vós un xogo, facelo, e anotalo. Xa me iredes contando, tamén, pola asemblea. Desculpade!

E... preguntarédesvos que vai pasar a partir de agora! Parece que se amplía a suspensión de clases outros 15 días, así que irei publicando aquí, as tarefas, día a día. Se atopades algunha dificultade, non dubidedes en dicirmo. 

Que pasedes boa mañá! Agardo as vosas novas. 



blog | by Dr. Radut