Conciencia léxica

Para Ed. Infantil e Ed. Primaria.

 

A conciencia léxica axuda a que non xuntemos ou separemos palabras cando escribimos.

 

Podemos facer xogos inventándonos oracións orais e adiviñar cantas palabras ten. Ao principio sempre de forma oral, así interiorizaremos mellor a conciencia léxica, antes de pasar á linguaxe escrita:

Primeiro dicindo a oración de forma oral, podédelo facer por quendas, unha vez un e outra vez outro, para que sexa máis divertido. Por exemplo, unha vez que un diga a oración, o outro pode:

-        - Dar un salto, como unha rá ou un saltamontes, por cada palabra.

-         -Dar unha palmada por cada palabra.

-        - Poñer en fila cousas que teñades preparadas nunha caixiña como obxectos diversos, pezas de construcións, xoguetiños, fichiñas, papeliños, boliñas,… o que queirades, e poñer en fila tantos como palabras teña a oración.

-        - Agacharnos por cada palabra.

-        - Etc…

 

Tamén, cando practiquedes o xogo anterior…

Xogamos ao revés!... Podedes dar un número de palmadas, ou poñer un número de  obxectos, ou dar un número de saltos… o que prefirades, e tedes que inventar unha oración que teña ese número de palabras… Nin unha máis nin unha menos!

 

Animádevos a participar…  Quen acertará máis?...