MÉRCORES, 25 DE MARZO DE 2020

Bos días a todos e todas. 

Que tal estades? Como vos vai facendo o collage? Gústavos o exercicio? Como vai a vosa lentella? Continúa medrando? 

Hoxe, a lista de tarefas é a seguinte:

Anotar na axenda, no día de hoxe, o tempo que vai, e as medidas do talo da vosa lentella. 

Participade na asemblea! Contade como vos vai co collage, que escollestes facer, se vos gusta facelo... E o que queirades! 

MATEMÁTICAS: 1 carilla de "Aprendemos a multiplicar con dibujos" 

                           Ficha 18 de "Resolución de problemas" 

LINGUA GALEGA:  Ficha 16 do "Obradoiro de ortografía". (palabras con X)

LINGUA CASTELÁ: Tarea 13 de "Taller de escritura". (Aprendemos a describir a unha persoa).

HORA DE LER: Esquecín poñela nos outros días... Alguén a fixo igual? Non esquezades ler 20 minutos tódolos días, en silencio. O que queirades! Logo, se rematades libros, podedes anotalos no diario de lectura. 

MÚSICA: Hoxe, tocaría música a última sesión. O mestre Marcos deixouvos un conto musicado para aprender os instrumentos da orquestra. Está neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/261

Que teñades unha moi boa mañá! Agardo ver qué me contades polo abalar!