O medio mariño

 

Na aula de 4º andamos a estudar os animais vertebrados e invertebrados. Para saber máis cousas, vamos afondar nos habitantes dun medio tan próximo ao noso cole  e tan importante como é o mar.

O mar cobre o 71% da superfície do noso planeta. É o hábitat máis extenso da Terra e foi nel onde se supón que xurdiu a vida. Por iso debemos coñecelo e coidalo. Imos facer un completo percorrido polo medio mariño e os seus recursos, algúns oficios vinculados co mar, artes de pesca, tipos de embarcacións e faremos unha reflexión sobre como debemos achegarnos de xeito respectuoso a este medio, que supón unha gran fonte de riqueza para os que habitamos nas súas costas.

Para ampliar a información preme nas zonas interactivas da presentación e poderás deplegar imaxes, documentos, vídeos...

Desfrutar o mar tamén é coidalo, porque o mar é de todos, tamén de quen nel habita.

O MEDIO MARIÑO