FESTA DO SAMAÍN - MAGOSTO (horarios actualizados)

30/10/2019 12:55
30/10/2019 14:00
Europe/Madrid

Estimadas familias:

 

O vindeiro día 30 de outubro celébrase no CEIP Praia de Quenxe a festa do Samaín e o Magosto, no que a ANPA Alén colaborará facendo castañas asadas acompañadas da típica chiculatada.

Para isto, contamos coa colaboración de tódolos nenos e nenas do cole, aos que lle pedimos que cada un traia un puñadiño de castañas cun corte xa feito para repartilas entre tódolos rapaces e máis que vos acheguedes ata o cole para celebrar a festa todos xuntos. Non esquezades traer a vosa cunca reutilizable, para colaborar co obxectivo Residuo 0 deste ano.

Ese día, os nenos poden vir disfrazados, e a proposta desde o colexio é de que o tema dos disfraces sexa de "oficios tétricos".

Por outra banda, desde o equipo de Normalización Lingüística, cagardan as vosas achegas de CONTOS DE MEDO ou CANTIGAS TRADICIONAIS (relacionadas coas actividades de outono - poden ser de outono ou de magosto ou do SAN MARTIÑO...), ou contos inventados. SEría xenial que estiveran acompañados dun debuxo.

Exporémolos na entrada do colexio e logo faremos un libriño con eles que quedará na biblioteca para toda a comunidade educativa.

Tamén sería xenial que, familiares ou veciños de Corcubión, viñeran ao colexio a contarnos contos ou a cantarnos cantigas (en caso de que haxa alguén interesado podedes comunicárnolo a través dos nenos e nenas).

 O horario para a festa de Samaíns para papás e mamás o vindeiro día 30, será entre as 12:55 e as 14:00h. 

Moitas grazas a todos e todas pola colaboración.

Agardámosvos o vindeiro mércores!