Skip to Content

O APALPADOR VISITA O CEIP PRAIA DE QUENXE

O APALPADOR VISITA O CEIP PRAIA DE QUENXE

Corcubión, redacción.

Hoxe, luns 19 de decembro de 2018, no CEIP Praia de Quenxe recibimos a visita do Apalpador.

Ataviado coa súa chaqueta e pantalón lixados de carbón, os seus grandes zapatóns e a súa boina, sen esquecer o seu saco, e, coma sempre, co seu grande e encantador sorriso, facía entrada no noso centro arredor das 13:00, onde foi recibido polo director do centro, para ir agardar, no ximnasio, a docentes e discentes.

Ás 13:10h, despois da volta do segundo recreo, todas as persoas habitantes do noso colexio subiamos para atender ao noso visitante.

Todos e todas entregamos as nosas cartas, por cursos.

Tamén recibimos regalos: uns caramelos e uns bonitos vasos reutilizables, que a partir de agora levaremos a tódolos festivais de forma que o noso cole terá un pouco menos de pegada ecolóxica.

Adxuntámosvos algunhas fotografías para que poidades comprobar que o pasamos en grande!!!

AdxuntoTamaño
Apalpador agardando a chegada dos cativos no ceip de Corcubión..jpg116.13 KB
O alumnado do colexio, xunto co profesorado, dispoñéndose a cantarlle ao repartidor de sorrisos..jpg215.59 KB
6º de Educación infantil co Apalpador..jpg164.02 KB
1º de Educación Primaria co Apalpador..jpg95.65 KB
2º de Educación Primaria co apalpador..jpg113.14 KB
6º de educación primaria co Apalpador..jpg81.7 KB


story | by Dr. Radut