Tarefas Luns 18 de maio de 2020
TAREFAS DO DÍA.
- ASAMBLEA. No Chat en Abalar e na Videoconferencia o grupo de hoxe (explícovos por Abalar a nova dinámica das videoconferencias)
- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura no blogue de educación física.
- LECTURA e ESCRITURA.
Onte foi o Día das Letras Galegas, 17 de maio de 2020. Hoxe imos adicar a xornada a coñecer un pouquiño sobre o escritor Ricardo Carbalho Calero, ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Preséntovos unhas actividades online para que realicedes.
Ø Biografía do escritor Ricardo Carbalho Calero (facer ata a páxina 31 incluída):
http://seminariogalan.org/inicio/ver/467
Ø Actividades sobre o conto “As pitas baixo a choiva”:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/468
ARTE.
A actividade de arte desta semana será realizar a proposta feita polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, que xa vos enviei o venres e aquí a adxunto de novo.
HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.
Resolvemos dúbidas no correo electrónico, no Chat en Abalar e na videoconferencia.
Bo traballo!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartel Letras galegas 2020.png | 1.09 MB |
Actividades letras galegas 2020.pdf | 1.23 MB |