SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO DE 2020 (2+ 2 SESIÓNS)
Proxecto: A merendar (2 sesións)
-Sesión 1: A maioría de vós fixestes a vosa merenda esta semana.
Nun folio, a bolígrafo negro, escribides o voso nome e o título “A MIÑA MERENDA”.
Despois, copiades e completades a ficha “A miña merenda”, que está nos datos adxuntos.
- Sesión 2: Completa, no libro, o “Que aprendín?” (páx 47). Faino ti só, e, se non sabes algo non o completes. Envíame a tarefa ao rematar.
Proxecto: Somos xardineiros e xardineiras
- Sesión 1:
- Entramos en proxectos.santillana.com (usuario: santillana clave: santillana )
Alí, vemos, na sección 4, o video: “Os grandes problemas da natureza”.
Tamén, “Fabricar obxectos con materiais reutilizados” (na sección 5).
Despois, facemos as actividades das páxinas 37 e 38.
Enviádeme foto, por favor.
- Sesión 2:
Entramos, de novo, en proxectos.santillana.com (usuario: santillana clave: santillana)
Desta volta, vemos o seguinte:
“Receita para facer fertilizante caseiro” (sección 5)
E
“reducir, reutilizar e reciclar” (sección 6).
Facemos as actividades das páxinas 38 e 39.
Para a semana seguinte, nas asembleas virtuais, debatiremos sobre as vantaxes e inconvintes que ten actuar sempre de forma respectuosa co medio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A miña merenda.pdf | 55.79 KB |