SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL (3 SESIÓNS DE LINGUA GALEGA).
Sesión 1:
- Competencia lectora: Tarefa 19. “A ferradura”. Lemos o conto. Hoxe, só a lectura. Primeiro, en silencio. Debedes preparala ben para lérllela, no momento que poidades, en alto á vosa familia. Tamén podedes repartir os papeis e ler todos xuntos: Un narrador, o labrego, o avó e Alberte. Deberedes repartir as persoaxes!
Sesión 2:
-
Actividades da lectura (tarefa 19) de “Competencia lectora”.
Exercicio 3: podes buscar as palabras no diccionario de galego. A páxina é a seguinte:
https://academia.gal/dicionario
Ao rematar, quero que, se podedes, me enviedes a foto da Ficha de lectura do conto. Tamén quero que me contedes polo abalar quen vos ensinou alguna vez algo (o exercicio 5).
Sesión 3:
- Obradoiro de ortografía: Ficha 18.
Fixádevos que, na actividade 3, traballamos as palabras da mesma familia:
ensaio- ensaiar
falta – faltar
escrito - escribir
…
Podedes buscar as palabras que non coñezades no diccionario da RAG. (o enlace está na sesión 2).
- Facer a ficha de lectura de “Contos por teléfono” sobre o conto ou os contos que lestes esta semana. Comentalo na asemblea do abalar.