Skip to Content

MARTES, 31 DE MARZO DE 2020

Non ten autorización para ver comentarios.

Bos días a todos e todas! Que tal ides coas actividades? Esta semana, rematamos o venres. Logo, haberá unha semana de vacacións, que xa será Semana Santa... ainda que temos que pasalas todos na casa!! 

A lista de tarefas de hoxe será a seguinte:

PRIMEIRO –  Anotar na axenda o tempo que vai hoxe, e as medidas da vosa lentella. Os que tivestes que replantar porque non naceu, anotade cando o fixestes, para saber cantos días tarda en agromar. Lembrade tela nun sitio con luz e humedecela cada 3 días!

Logo, na asemblea, quero que me contedes en que conto estades lendo de “Contos por teléfono”, que temos que poñernos ao día! Cantos contos lestes? Cal vos gustou moito? Hoxe, falaremos diso...

Algo máis que teño que explicar é que falei con Laura onte. Os retos que propón son para que fagades durante esta semana. Así que, hoxe, á hora que queirades facelo, teredes que tentar cumplir o reto 2: Encestar pelotiñas de papel nunha papeleira. (Lembrade utilizar papel que xa non sirva, se pode ser!!)(Pero iso non o fagades agora, senón máis tarde, cando fagades un descanso ou ao rematar). 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/298

LINGUA GALEGA – Tarefa 18 de “Competencia lectora”. “Decálogo para adoptar un can”.

Despois de ler e facer as tarefas 1, 2 e 3, escribide no abalar a contestación á última tarefa: Cres que estás preparado/a para ter unha mascota? Por que? (tede en conta que falamos de ter unha mascota vós, non de que vola coiden os vosos papás e mamás...)

 

MATEMÁTICAS – Ficha 19 de “Resolución de problemas”

                         - Xogamos un pouco coas multiplicacións. Aquí tedes un enlace a unha páxina con xogos. Probade!

https://es.ixl.com/math/2-primaria/escribir-multiplicaciones-sobre-grupos-iguales

(Nesta páxina, encontraredes, para cando queirades, máis exercicios de matemáticas divertidos:

https://es.ixl.com/math/2-primaria )

 

CIENCIAS SOCIAIS: Continuamos co exercicio de onte. Lembrades? Sobre “O CONCELLO”. Collede o voso folio. Hoxe, investigaredes quen goberna no voso concello. As preguntas que habedes copiar, para logo contestar, son as seguintes:

-          - 

Quen é o alcalde ou presidente do teu concello?

-          - 

Hai tenente alcalde ou vicepresidente? Quen é ou quen son?

-          - 

Cantos concelleiros e concelleiras hai no teu concello?

 

Estas preguntas, podedes investigalas preguntando a un adulto ou ben nas páxinas web dos concellos:

-         

Concello de Corcubión: http://www.corcubion.gal/es/ayuntamiento/corporacion-municipal#top

-         Concello de Cee: https://cee.gal/gl/corporacion-municipal/

-         Concello de Fisterra: http://www.concellofisterra.com/portal_cidadan/corporacion/gl

E, ata hoxe, chegou de investigar. Seguiremos con isto...

 

INGLÉS -  Ide, na páxina web, ao apartado de xogos que vos deixou Delfín. Procurade escoller un diferente ao da última vez!

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235

HORA DE LER – 20 minutos de lectura silenciosa.

PLÁSTICA – Rematar os colaxes, os que faltades. Hoxe, xa engadín o de Kevin, Iago e María.

A proposta de plástica para esta semana, é aprender algunha técnica de origami. Quere dicir facer figuras con papel. Facédea ao voso ritmo, que pedirei que me mandedes fotos á volta.

A miña proposta é esta:

https://www.youtube.com/watch?v=Z18MJVKGANA

Podedes escoller outra, pero a condición é que tedes que recortar e doblar vós soiños. Os adultos, só para explicar!

Hoxe, só tedes que ver o video e atender moi ben. Poderedes ir elaborando o voso canciño ao longo da semana, nos momentos en que vos apeteza. E, claro, se vos gusta... podedes facer máis!

 

E, por hoxe, nada máis. Pasade unha boa tarde e... ata mañá



blog | by Dr. Radut