blogue deMartina
SAÍDA AO MONTE PARA OBSERVAR FLORA AUTÓCTONA
Enviado por Martina o Dom, 10/06/2018 - 11:27O vindeiro xoves, 14 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizará unha actividade de saída ao monte, nun roteiro que rematará en San Pedro de Redonda, para realizar un recoñecemento de especies de prantas autóctonas. Esta actividade forma parte dunha iniciativa conxunta coa Asociación Boca de Sapo, ao frente da que están Belén, María, Serxio, Juan, Paco e Alex, entre outr@s integrantes (entre os que coido que xa me podo incluir). En conxunto, o obxectivo é promover unha comunidade unida para coidar a contorna e defender o territorio, e a primeira acción é a creación de bosques autóctonos, e a iniciación de actividades educativas que sirvan para concienciar na idea da conservación do noso patrimonio.
Para a a realización desta actividade teremos o privilexio de contar coa colaboración de, por un lado, Belén Lorenzo Arenal, profesora de Bioloxía no IES Fernando Blanco, e integrante da asociación Boca de Sapo, que nos acompañará ao longo do roteiro e nos explicará as prantas atopadas.
Antes da saída, Paco (Francisco Santiago López) realizará unha exposición audiovisual sobre a natureza endémica da Costa da Morte, fauna e flora, e daranos unha pequena charla na Biblioteca do centro.
A continuación iniciaremos a saída, á que deberemos acudir con calzado apropiado para a auga (o mellor, botas de goma), xa que as chuvias das últimas semanas fixeron que o terreo estea encharcado.
Irán equipados con bolsas de lixo e luvas de plástico, porque outra das actividades será a recollida de lixo no monte. Este material proporcionarémosllelo no colexio.
Despóis da recollida de lixo, será Belén a que, xa no monte, realice a exposición sobre flora galega, que manterá durante todo o camiño de volta.
Para prepararnos, estaremos traballando sobre as prantas autóctonas a vindeira semana. Aquí vos deixo o enlace ao blog de Belén para que os vosos fillos e fillas podan acceder a el e ir estudando para que ao chegar sexan os máis rápidos en recoñecer as especies. Tamén propoñeremos que busquen información sobre esas prantas.
Ao longo desta semana iremos publicando máis novas ao respecto.
TRABALLOS DE CIENCIAS
Enviado por Martina o Mar, 27/03/2018 - 11:09Publicamos aquí os traballos elaborados en ppt polo alumnado de 6º de primaria sobre os seres vivos, para que sirvan de axuda no estudio.
Un saúdo.
Folga do día 8 de marzo
Enviado por Martina o Mér, 07/03/2018 - 14:02Mediante a presente informo á xente que poida verse afectada que mañá, 8 de marzo de 2018, secundarei a folga convocada para mañá, 8 de marzo. Na miña aula só se realizará garda e custodia das crianzas durante as sesións das materias que eu imparto.
Atentamente,
Martina.
CORCUBIÓN E A SÚA COMARCA DURANTE A GUERRA DA INDEPENDENCIA
Enviado por Martina o Xov, 09/11/2017 - 16:48O alumnado de 6º está neste momento investigando e estudiando sobre a guerra da independencia. Xurdiu un grande interese sobre o feito de que os soldados franceses acudisen a saquear estas terras. A petición súa, e por interese meu como mestra, publico enlaces coas páxinas que atopei con información de interese sobre o asunto.
http://gie1808a1814.tripod.com/hechos/corcu.htm
Aproveito para invitar a todos aqueles familiares que coñezqan datos sobre a época e queiran vir compartir os seus coñecementos co noso alumnado. Estaremos moi agradecidos.
MATRÍCULA 2015/2016
Enviado por Martina o Lun, 23/02/2015 - 11:22Desde o día 1 ata o 19 de marzo (na convocatoria consta o 20 pero é festivo) poderedes solicitar praza para os vosos fillos/as no centro. Podedes vir recoller os impresos ao centro ou ben cumplimentalos e imprimilos na sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=550B&proce...
Queda a continuación publicada tamén a lista de vacantes do centro.
Un saúdo
Martina Trillo Sande
A directora
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9