Skip to Content

Blogues

Algún que outro xogo

 

 

LUNS, 23 DE MARZO DE 2020

Bo día a todos e todas. 

Hoxe tedes que:

-  Abrir a axenda no día que toca, anotar nela o tempo que vai e, se agromou a lentella, canto mide o talo. 

-  MATEMÁTICAS: -  1 carilla de "aprendemos a multiplicar con dibujos" 

                          -  Ficha 17 de "Resolución de problemas" (na lista de tarefas que mandei para casa, por erro, estaba anotada a Ficha 16. 

No exercicio 1 desta ficha, suxírovos que, ainda que non o mande, subliñedes igualmente os datos de vermello e a pregunta de azul. Será máis fácil entender o exercicio. Lede con calma todos os problemas, porque son problemas con truco e hai que decidir MOI BEN se hai que sumar ou restar. 

-  LINGUA GALEGA: -  Tarea 16 de comprensión lectora. 

Podedes contestar polo abalar as preguntas de "Antes da lectura". Eu xa puxen o que eu pensaba...

-  LENGUA CASTELLANA: -  Ficha 6 de "Taller de juegos"

-  EDUCACIÓN FÍSICA: Inventar un xogo ou unha serie de exercicios. Facelos na casa, e logo, anotalo para ensinarllo a Laura á volta.  

Que pasedes un bo día!

Aprendo a sumar en English!!!

Repasemos as cores cantando What colour is it?

LET'S TALK ABOUT NUMBERS!

Repasemos os números en English e ao mesmo tempo cantemos un pouco...!!!!

Para os que xa sodes de 6º de Infantil cantemos tamén ata o 20!!!!

Vexamos todas xuntas un video de numbers!!!

 

Actividades de linguaxe oral

Ola a todas e a todos!

Póñovos un enlace a unha serie de actividades de linguaxe oral, que me parecen interesantes, e son para que vos divirtades e sigades aprendendo nestes días. As actividades son variadas e van encamiñadas a traballar a linguaxe oral de diferentes maneiras, xa o veredes.

 

https://view.genial.ly/5e70a21180c12e0fd1814c8c/presentation-actividades-lenguaje-oral

 

 

 

Comprensión lectora interactiva

Aquí vos deixo os seguintes enlaces para ler algún conto.

Podedes escoller os que máis vos gusten e despois poderedes resolver diferentes preguntas sobre os mesmos. O final do conto atoparedes un recadro que pon "JUGAR", clicade e veredes preguntas de verdadeiro/falso, con imaxes...

 

Para 2º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

 

Para 3º e 4º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-comprensivas

 

Para 5º e 6º de PRIMARIA

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/actividades-de-lectura-veloz

 

Contos disparatados

Bo día a todo/as. 

Propóñovos crear contos tendo en conta estes títulos un tanto peculiares. Deixade voar a vosa imaxinación.

  • A miña casa pode voar
  • Teño un lapis máxico
  • Atravesei o espello e atopei...
  • Unha nécora xigante
  • O meu can/gato fala en soños
  • Choven cousas raras
  • Teño unha pantasma no armario
  • Todo o que penso convírtese en realidade
  • Unha excursión a un lugar misterioso
  • O meu veciño é un extraterrestre

Ocórresevos algún título disparatado máis? 

PRACTICA INGLÉS XOGANDO

Bo día!

Aquí vos deixo un enlace directo á páxina de JCLIC. As nenas e nenos xa están familiarizados coa plataforma porque levamos meses practicando inglés con ela na aula.

 

FAI CLIC NESTAS PALABRAS

REFRESCA A PÁXINA SE APARECE EN BLANCO.

PRACTICA INGLÉS XOGANDO CON JCLIC

Bo día!

Aquí vos deixo un enlace directo á páxina de JCLIC. As nenas e nenos xa están familiarizados coa plataforma porque levamos meses practicando inglés con ela na aula.

 

FAI CLIC NESTAS PALABRAS

REFRESCA A PÁXINA SE SAE EN BLANCO

Distribuir contido


by Dr. Radut