Blogues
Como nos gusta que nos conten contos!
Enviado por Anónimo o Mér, 25/03/2020 - 12:14Os contos son un boísimo recurso para traballar infinidade de cousas como: atención, escoita e discriminación da historia, das personaxes, dos lugares, do que acontece... vocabulario, categorías semánticas, memoria auditiva, diálogo... un sinfín de actividades que podemos facer... así como, se vos apetece, incluso, disfrazarvos co que teñades pola casa, ou con cousiñas que vos mesmos creedes... e a dramatizalo e a pasalo xenial! Vos animades?
CONTOS:
https://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/audiocuentos-infantiles
CONTACONTOS:
https://www.youtube.com/user/BeatrizMontero/videos
CONTOS ADAPTADOS CON PICTOS:
MÉRCORES, 25 DE MARZO DE 2020
Enviado por Martina o Mér, 25/03/2020 - 10:17Bos días a todos e todas.
Que tal estades? Como vos vai facendo o collage? Gústavos o exercicio? Como vai a vosa lentella? Continúa medrando?
Hoxe, a lista de tarefas é a seguinte:
- Anotar na axenda, no día de hoxe, o tempo que vai, e as medidas do talo da vosa lentella.
- Participade na asemblea! Contade como vos vai co collage, que escollestes facer, se vos gusta facelo... E o que queirades!
- MATEMÁTICAS: 1 carilla de "Aprendemos a multiplicar con dibujos"
Ficha 18 de "Resolución de problemas"
- LINGUA GALEGA: Ficha 16 do "Obradoiro de ortografía". (palabras con X)
- LINGUA CASTELÁ: Tarea 13 de "Taller de escritura". (Aprendemos a describir a unha persoa).
- HORA DE LER: Esquecín poñela nos outros días... Alguén a fixo igual? Non esquezades ler 20 minutos tódolos días, en silencio. O que queirades! Logo, se rematades libros, podedes anotalos no diario de lectura.
- MÚSICA: Hoxe, tocaría música a última sesión. O mestre Marcos deixouvos un conto musicado para aprender os instrumentos da orquestra. Está neste enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/261
Que teñades unha moi boa mañá! Agardo ver qué me contades polo abalar!
Un pouco de mates. Para 4º de PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 13:56Aquí vos deixo algún enlace para repasar algunhas cousiñas de matemáticas
Saudiños
OCA DA SUMA
http://www.supersaber.com/ocaPi.htm
MÁQUINA DE CALCULAR
http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/colegio/maquina.html
DIVISÓNS
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/ladivision/ladivision_p.html
ALGÚN PROBLEMIÑA PARA PENSAR
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/problemas/pro-cuarto
ENLACES A PUBLICACIÓNS DE MESTRES ESPECIALISTAS.
Enviado por Martina o Mar, 24/03/2020 - 13:53Ademáis das actividades que publico eu por aquí, tódolos mestres especialistas van publicando cousas para traballar durante estos días.
Eu, irei incluíndoos na axenda, pero, por se queredes curiosear, botade un ollo:
Inglés (Delfín) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/54
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/20
Música (Marcos) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/261
Educación Física (Laura) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/17
Audición e Linguaxe (Luisa) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/23
Pedagoxía Terapéutica (Raquel) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=taxonomy/term/21
Botade un ollo, por se houbese algo que vos interese especialmente facer. Un saúdo!!
Lectoescritura
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 13:03Aí vos van algúns enlaces para repasar LECTOESCRITURA para 1º e 2º de primaria:
A QUE VAS XOGAR?...
www.juegosarcoiris.com/juegos/letras/
UN POCO DE LECTURA Y COMPRENSIÓN, SIEMPRE VIENE BIEN... ¡HAY QUE ESTAR ATENTO! (PARA 1º Y 2º DE ED. PRIMARIA)
https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas
¡JUEGA AL BINGO DE PALABRAS!
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos_educamigos/verano12/index.html
Animádevos a xogar!
Orquestra para 4º
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 12:43Un saúdo.
Hoxe propóñovos un vídeo titorial para coñecer mellor os instrumentos da orquestra e a súa colocación: https://www.youtube.com/watch?v=RHAklmqlvRI
E para saber se estivestes atentos, aquí deixo outro vídeo para autoavaliarse: https://www.youtube.com/watch?v=hXt04QfCdIg
Unha aperta e moito ánimo!
Canción de frauta para 3º
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 12:31Un saúdo!
Para o alumnado de 3º deixo unha canción para practicar a man esquerda na frauta, con tres notas: sol, la e si.
Ademais, podedes tocar a partitura con este acompañamento titorial: https://www.youtube.com/watch?v=R8pXzDZa_DY
Unha aperta e moito ánimo!
Repaso fonemas
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 12:22Déixovos unha serie de actividades que podedes facer co material adxunto. Cada un de vós ten que ir aos xogos que lle correspondan para seguir reforzando o traballado e aprendido.
Podedes: xogar a adiviñar a imaxe, a ocas, bingos, memorys... Tamén, podedes inventarvos oracións e/ou crear unha historia divertida tirando un dado, ou outro pequeno obxecto que teñades, e nas tres imaxes que caiga, por exemplo, inventar esa historia coa que ides sorprender a quen vos escoite. A imaxinación é vosa! podedes ir medrando no número de imaxes a introducir na vosa historia. Podedes pensar cales son as personaxes, onde sucede, que pasa, como se soluciona... é dicir, ir respondendo a quen? onde ? cando? como? que?...
O primeiro arquivo de cada fonema é a imaxe dunha boquiña, do grupo Comunicar-nos, coa posición correcta. É un recordatorio visual!
A maioría das imaxes están en branco e negro para que as poidades colorear como queirades!
Espero que o pasedes ben!
MARTES, 24 DE MARZO DE 2020
Enviado por Martina o Mar, 24/03/2020 - 10:49Bo día a todos e todas. Hoxe, a tarefa do día, é a seguinte:
- Abrir as axendas no día de hoxe, anotar o tempo que vai, e anotar as medidas (centímetros e milímetros) da vosa lentella. Sei que hai algúns que ainda non a plantastes. Se a tedes xa, poñeredes 0 cm. Tamén deberedes anotar cando empece a agromar a raíz.
MATEMÁTICAS - 1 carilla de “Aprendemos a multiplicar con dibujos”.
Cálculo y operaciones: Ficha 16 (ejercicios 2, 3 y 4) ( No hacer el ejercicio 1)
LINGUA GALEGA - Obradoiro de escritura: Tarefa 7. (Hoxe, aprendemos a alongar oracións)
LINGUA CASTELÁ – Taller de ortografía: Tarea 15
INGLÉS - (Hoxe teriades inglés na 4ª sesión). Delfín deixou actividades para vós no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/235
PLÁSTICA - Hoxe, teriades plástica na última sesión. Propóñovos realizar unha obra coa técnica do collage. Trátase de buscar recortes de papeis de cores, de revistas e de periódicos, e, con eles, crear algo distinto. Aquí tedes a explicación:
https://www.youtube.com/watch?v=jWjmVYNPFQo
Non tedes que facer todo hoxe, podedes recopilar o material e ir facéndoo ao longo da semana. Tamén se pode facer con elementos naturais (follas, sementes...)
Agardo que logo me contedes, polo abalar, que tal vos está indo. Que fixestes onte para Educación Física? Estou segura de que o estades facendo moi ben. Unha aperta a todos e todas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- seguinte ›
- última »