Blogues

Novas actividades para favorecer a linguaxe oral

Bo día!

Hoxe tedes novas actividades neste enlace, que moitos xa coñeceredes de entradas anteriores, que favorecen e están relacionadas coa aprendizaxe da linguaxe oral, tan necesaria para o desenvolvemento de moitas habilidadades, así como para reforzar o aprendizaxe da lectoescritura.

Como xa sabedes están divididas por niveis.

Que vos divirtades moito!

 

 Facede clic aquí:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

 

 

 

XOVES, 1 DE ABRIL, 2020

 

Bos días! Xa case estamos rematando a semana, e xa veñen aí as vacacións!! Como vos dicía onte, estou moi orgullosa de canto traballastes e como participastes nas asembleas e vos aplicastes para non perder rutinas e continuar as vosas aprendizaxes. 

É un gusto traballar con vós.

Para despóis de Semana Santa, quizáis cambiemos un pouquiño o método de traballo. Pero agora, moito ánimo co que nos queda por diante. Quedan dous días, e... Xa veñen as vacacións de Semana Santa! Logo, teredes tempo libre ata o martes 14 de abril, que volveremos a traballar un pouco.

Para hoxe, a LISTA DE TAREFAS, é a seguinte:

PRIMEIRO: Abrir a axenda no día de hoxe, e anotar o tempo. Logo, medir e anotar as medidas da vosa lentella. Xa remataremos de medila o venres.

Non esquezades, ao longo do día, facer o reto de Educación Física! Mirádeo no seu apartado, porque hai fotos. Hoxe, hai que soprar bolitas cunha palliña. Podedes xogar con alguén, e facer carreiras. Lembrade que, a mestra Laura, pediu que lle enviarades algunha foto facendo algún dos retos. O seu correo, é laura.teijeiro@edu.xunta.es

ASEMBLEA: Hoxe, quero que me contedes que vos está parecendo esta maneira de traballar: se vos é fácil ou difícil, se vos costa moito poñervos, se o facedes vós ou teñen que dicirvos cando tedes que traballar. Que cousas vos gustan de traballar así? Que cousas non? Agardo as vosas respostas.

MATEMÁTICAS: Iremos á ficha 21 de resolución de problemas. Seguimos vendo multiplicacións... Se tedes dúbidas, preguntade.

LENGUA CASTELLANA: Os dejo el enlace para escuchar, hoy, la explicación de los sustantivos... Espero vuestras dudas! Mañana, haréis un ejercicio sobre esto. 

 

LINGUA GALEGA: Obradoiro de ortografía: Ficha 17 (Palabras con ll)

INGLÉS – No enlace que vos deixou Delfín (á dereita da páxina, onde pon “English”, elixide un xogo e practicade inglés. 

HORA DE LER: 20 minutos de lectura silenciosa. (A lectura que elixades). Lembrade, cando rematades un libro, anotalo no voso diario de lectura!

INFORMÁTICA: Practicade a abrir un documento word e escribir tres frases, inventadas por vós. (se non sabedes como se abre no voso ordenador, que vos dea instrucións un adulto, pero facédeo vós, como facemos en clase de informática.) Se vos apetece, podedes practicar un pouco máis de escritura. Logo, probade como se cambian os modelos de letra e as cores.

 

Nada máis por hoxe, chicos e chicas! Que pasedes un bo día!

 

 

 

 

Tarefas Xoves 2 de abril de 2020

Tarefas do día:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar). Temas: 

- MATE +: Ficha 16 de Cálculo: nesta ficha podedes utilizar a calculadora para realizar as operacións, menos en el ejercicio1.

- ESCRITURA: Hoy vais a realizar unos ejercicios sobre la Acentuación de palabras, que habeis repasado ayer viendo los vídeos explicativos y haciendo el esquema.

Teneis dos fichas en los archivos adjuntos. En el mismo folio donde escribistes ayer la teoría de Acentuación de palabras, copiais el enunciado y ya vais resolviendo el ejercicio.

En la 1ª ficha, hai un ejercicio para clasificar palabras en un recuadro. Para facilitar el reconocimiento de las palabras, podeis separar por sílabas y rodear la sílaba tónica. Así ya veis claramente que típo de palabra es cada una.

En la 2ª ficha teneis 2 ejercicios, pero sólo teneis que hacer el segundo, el de acentuar palabras. Os aconsejo que separeis en sílabas cada palabra, porque os ayudará a saber cuál es la sílaba tónica y, por lo tanto, ver si es aguda, llana o esdrújula, y acentuarlas o no, siguiendo el esquema que copiasteis ayer.

- E.F. (mirar no blogue)

HORA DE LER: no momento do día que prefirades, facede unha lectura silenciosa duns 20 minutos.

 - EDUCACIÓN EMOCIONAL: A partir de hoxe, e durante varias semanas, imos coñecer ao artista austríaco Gustav Klimt

Comezamos traballando unha das súas obras máis representativas (ver arquivo adxunto). Teredes que observala moi ben e facer a súa descrición (como vindes facendo cos cadros e pinturas que vós fixéchedes na clase, recordades).

Nun folio escribides a data en boli negro e en boli azul, os seguintes apartados (contestades a lapis ou boli azul).

      1- Descrición do cadro (que ves?).

      2- Emoción ou emocións que esperta en tí.

      3- Cores empregadas:

             - Primarias:

             - Secundarias:

      4- Autor.

      5- Título (inventa un título para o cadro).

Esta actividade comentarémola en grande grupo no CHAT  do xoves 16 de abril  e, polo tanto, ten que estar rematada para ese día (porque o próximo xoves 9 de abril estamos de vacacións de Semana Santa). 

Espérovos a tod@s na asamblea, polo CHAT de Abalar.

A BIRTHDAY CAKE!!!!!

Aquí vos deixo outro contiño para gozar co English!!!!

Recordarvos que é moi positivo que as nenas e nenos non perdan o oido, o que quero dicir é que é recomendable que, na medida que sexa posible, escoiten ou vexan algúns contos ou debuxos en English.

Ánimo! Cheer up!

Ortografía. Para 3º e 4º de PRIMARIA

Para repasar un pouquiño de ortografía, déixovos estes enlaces con algunhas suxerencias de actividades.

http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizar/es/es-an_2010032313_9141509/false

Nesta páxina podedes atopar na marxe esquerda un guión con varios enlaces. Os que están rodeados de verde son nos que tedes que ir clicando.

Unha vez que vades pinchando en cada un deles primeiro hai unha pequena explicación das regras e a continuación tedes que ir clicando en cada número para realizar as seguintes actividades.

 

Tamén vos deixo esta outra alternativa. Un parchís ortográfico

http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/

 

Na paxina principal, na marxe inferior á dereita atoparades estes debuxos:

Que significa cada unha delas?

  • Libro: teória de repaso sobre as diferentes regras que tedes na seguinte imaxe.

 

  • Botas de bruxa: diferentes actividades para practicar as regras.
  • Vasoira: regras do parchís.
  • Pota: xogo do parchís

 

Posiblemente ao acceder ás páxinas vos aparezan en branco. Clicade na peza do medio e dádelle a permitir no recadro que aparece arriba á dereita. Desta forma xa vos facilita o acceso.

Saudiños

We are the champions!!!!!!

Good morning dear students and families!!! How are you? I hope you all are well!

Resistiré parece ser a canción do momento, pero hai unha que todas coñecemos moi ben...

We are the champion!!!! one of the best songs of my life!!!!

Cada un que lle dea a súa versiónnn!!! Ánimo!! Cheer up!!!

Recordade que tedes as tarefas abertas en DUOLINGO e teñen día de entrega...

BÓTOVOS MOITO DE MENOS!!!!!!!

We are the champions!!!!!!

Bo día nenas e nenos, imos pola terceira semana...

Como somos uns "champions", aquí vos deixo unha das mellores cancións da historia...cada un que faga a súa versión!!!!!

Ánimooooo!!!!!!! Cheer up!!!!!

Por certo xa tedes novas tarefas tamén en DUOLINGO.

Calquer cousa estamos en contacto por ABALAR. 

Botámosvos moito de menos!!!!!

 

Omitir sílabas

Máis abaixo tedes un recurso, nun arquivo adxunto, para traballar a conciencia silábica mediante a omisión de sílaba inicial ou final.

Podedes facelo oralmente, unha vez que abrades o arquivo, ou imprimilo e facelo por escrito, os que xa sabedes escribir, como prefirades. Xa sabedes que facelo oralmente é un bo reforzador da escrita. Non é para que fagades todas xuntas, elixides unhas poucas e outro día outras, segundo queirades.

Esta actividade é para, sobre todo, 1º e 2º de EP. Se hai algún alumno/a de 5 anos que xa sepa ler e que se atreva a probar... Adiante!

Primeiro, lemos a palabra, despois temos que saber cales son as sílabas que a forman e logo darnos conta de cal hai que quitar sen mirar a palabra escrita. Non fagades trampa!

 

 

 

 

Construción de instrumentos musicais en 1º

Ola!

Hoxe propóñovos a construción de catro instrumentos musicais sinxelos que podedes facer na vosa casa. Seguro que con un pouco de axuda sodes capaces de construír algún...

Maracas, pau de chuvia, pandeireta e tam-tam:

Unha aperta!

Introdución á música folclórica para 2º

Ola!

Hoxe imos traballar o folclore popular galego. Antes de escoitar algunhas pezas quero que intentedes cubrir esta ficha a ver que é o que sabedes...

Agora, quero que escoitedes dúas pezas de pandereteiras, unha máis clásica e outra "un pouco distinta". Imos coa clásica, das "Lagharteiras":

E agora é o turno para unha cun toque distinto, as "Tanxugueiras":

Xa estades preparadas e preparados para cubrir esta ficha para saber que é o que descubristes:

Unha aperta!

Distribuir contido