Blogues

Exercicios interactivos para 4º

Ola!

Déixovos un par de actividades interactivas de repaso.

En primeiro lugar, traballaremos a melodía: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/09/a_bb09_01vf.html

Despois, é a quenda dos instrumentos: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/10/a_bb10_01vf.html

Por último, repasaremos as notas musicais: http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/b/08/a_bb08_01vf.html

Pasádeo ben!

Seguimento de instrucións... Plastilina caseira!

Durante estes días de Semana Santa, apetécevos facer plastilina caseira?...

Se vos animades ides divertirvos e, ademais, para conseguilo, tedes que seguir as instrucións que vos deixo aquí debaixo, son moi faciliñas, tedes que estar moi atentos, e seguro que o conseguides.

Primeiro, temos que saber que ingredientes necesitamos.

Segundo, seguir os pasos da receita.

E, por último, gozar coa vosa plastilina.

Que podemos facer con ela?... Infinidade de cousas!... como letras, números, series de obxectos que construades, historias que vos podedes inventar, xogo libre... a vosa imaxinación ao poder! Ademais, contribuides a reforzar, ademais de todo iso, a psicomotricidade fina, moi importante para que nos axude a escribir mellor.

Pasade unha boa Semana Santa, diferente á habitual, pero seguro que o ides pasar xenial!

Teño moitas ganas de vervos a todas e a todos!

Unha aperta moi forte!

 

Facede clic na seguinte imaxe para ver un vídeo de como se fai:

Aquí debaixo tedes as instrucións da receita. Xa me contaredes como vos saíu!

Para os peques de Infantil

 

Aquí vos deixo unhas ideiñas para traballar a motricidade fina, atención e concentración. Tamén podemos estimular a lóxica creando series como as que se recollen nos vídeos.

 

 

Saudiños

Aventuras para facer en casa

Ola a todas y todos!

Aproveitando que temos que estar na casa nestes días, propóñovos unha actividade cun taboleiro de "serpes e escaleiras" para aproveitar o espazo no que temos que movernos.

Neste taboleiro de "escaleiras e serpes" hai catro cores diferentes. Cada cor, corresponde a unha estancia da casa, tal e como pon no lateral. De tal forma que, o alumno/a terá que ir a esa habitación e realizar o que se lle pide na zona que lle tocou. Para xogar necesitaredes un dado e unhas fichas, como as do parchís, aínda que, tamén, podedes utilizar outro obxecto ou fabricar o voso propio.

As probas adoitan ser de conciencia fonolóxica (buscar obxectos que empecen por un determinado fonema); e de vocabulario e relacións semánticas (buscar froitas, verduras...; buscar obxectos que...utilizamos para ducharnos, para coidar o noso pelo...; buscar obxectos que... sexan suaves, dean luz...).

Podedes utilizar este taboleiro de Crisálida, no arquivo adxunto, ou ben facer vosoutros mesmos outro cun papel, lapis, boli, rotuladores, colores,... o que teñades para poder fabricar o voso propio.

Animádevos a xogar?

 

VENRES, 3 DE ABRIL DE 2020

Bos días a todos!! Hoxe, rematamos clases, porque, mañá, empezan as vacacións de Semana Santa! Xa volo dixen moitas veces, pero dígovolo outra vez: estou moi orgullosa e moi contenta do traballo que estades facendo na casa. Paréceme unha cousa moi complicada, e todos e todas o estades facendo fenomenal!

Por ser o último día, fixen unha lista de tarefas un pouquiño máis liviana, para que empecedes a desfrutar un pouquiño das vacacións.

LEMBRADE SEMPRE FACER DESCANSOS PEQUENIÑOS CADA HORA, E MÁIS LONGOS CADA DÚAS HORAS.

A lista de tarefas é a seguinte:

PRIMEIRO: Coller a axenda, abrila no día de hoxe, anotar o tempo que vai, e as medidas da vosa lentella.

Contade cantos días levades anotando as medidas. Para os que xa levades dúas semanas (14 días) anotados, podedes rematar hoxe.

Os outros, debedes seguir medindo ata que levedes os 14 días.

Ao rematar de medir a lentella, podedes facer o que queirades con ela. María dixo en algún momento que quería plantala na finca dos seus avós. Podedes probar todos a plantala nunha maceta ou nunha finca. Din que as lentellas dan unha planta moi bonita. A ver que pasa!!

ASEMBLEA: Quero que me contedes que pensades facer en vacacións, xa que non ides ter deberes! Eu, vou preparar o cuarto para o bebé. Non volo contei, pero agora mesmo, estou moi gorda! A miña barriga mide, en redondo, 1 metro e 10 centímetros!! Medrou máis que as vosas lentellas!

Agardo que me contedes que pensades facer vós...

MATEMÁTICAS: Xa que estamos falando de medidas, e vós estivestes medindo estos días, hoxe faredes a Ficha 11 de “medida”: El centímetro y el metro. Se tedes dúbidas, aquí estou para explicarvos.

(No exercicio 2, en lugar das medidas de compañeiros e da porta da clase, mediredes a alguén da vosa familia, e anotades a quen, e a porta do voso dormitorio). Lembrade que:

 

LENGUA CASTELLANA: Ayer vimos el video sobre los sustantivos. Podéis volver a verlo. Solo tenéis que pinchar en la página web del cole en “2º E.P.”, y buscar las actividades de ayer. Hoy, os subo un pequeño trabajo para que hagáis en casa.

-  En un folio, ponéis vuestro nombre, fecha y el título “EL SUSTANTIVO".

       -  En este paso, que os ayude un adulto: Abajo de todo de esta entrada del blog están los “datos adjuntos”. Ahí, hay una ficha que se llama “El sustantivo dictado y ejercicio”. Al abrirla, encontraréis un apunte sobre el sustantivo. Que un adulto os dicte la parte de “Que es un sustantivo. También podéis copiarlo, pero, mejor, dictado.

       -  Luego, copiaréis el ejercicio 1, y lo resolvéis. En lugar de dibujar una tabla como os manda la ficha, que es muy difícil en un folio, es mejor que hagáis una lista de sustantivos de personas, otra de animales, otra para cosas, etc, sin dibujar lineas. De esta forma:

 

Personas                      Animales                    Cosas                Lugares

Martina                       gato                             libro                 campo                        

niño                            Pipo                            mesa                Corcubión

 

(Mirad el ejercicio en los datos adjuntos)

 

EDUCACIÓN FÍSICA: No reto de hoxe, está xogar aos birlos, empregando rolos de papel rematados. Podedes velo pinchando na dereita en “E.F.”.

Lembrade que, a profe Laura, pediu que lle enviarades fotografías de vós mesmos facendo algún dos retos, ao seu correo (laura.teijeiro@edu.xunta.es)

 

HORA DE LER: 20 minutos de lectura silenciosa. Hoxe, teño unha proposta de conto para escoitar, sobre a historia da muiñeira de Chantada. É o video de abaixo. 

Tamén están colgadas, para ler e mirar, as tarxetas que mandastes para os compañeiros e compañeiras. Mirade nos datos adxuntos. Tiven que subilas en catro arquivos, 

porque a páxina non me permitía subilas nun só...

 

 

Agardo que, os que a vexades, a desfrutedes.

 

EDUCACIÓN EMOCIONAL: Hoxe, para liberarnos e desfrutar o último día, ides propoñer á vosa familia bailar con vós. Podedes preparar unha pequena festa.

Bailando, compartimos emocións, sacamos os malos humores, e fomentamos o contacto cos outros e a alegría. Aí vos van as miñas propostas de música para bailar:

(Os que non podedes velas,ou tedes problemas para ver os videos, buscade na casa música que vos guste, e valerá tamén.)

Esta primeira, é un pasodoble. Algúns aprendestes a bailalo cando tiñades tres anos... Lembrades? Agarrarse da parella, catro pasos adiante, catro atrás, e volta, volta, volta, volta... e repetimos.

Pero podedes bailar como queirades. Só pasádeo ben!

 

 

Aquí teño outro baile divertido para aprender: "vou de roda en roda", como di o título, é un baile de roda. Podedes miralo no primeiro video e, cando o aprendades, practicar coa música do segundo, que se oe mellor... Aí vos vai! (Se non tedes parellas para facelo, podedes facelo de un en un. Cando toque “cambiar de amor” podedes cambiar de sitio na roda, simplemente).

 

 

 

 

E por último, un que sempre tiñades moitas gañas de bailar en clase...

 

 

Desfrutade moito e... Felices vacacións, meus pequechos!! Seguimos falando á volta!!

Tarefas Venres 3 de abril de 2020

Tarefas do día:

- ASAMBLEA (no Chat en Abalar)

- PROXECTO: Continuamos coa actividade "O sistema solar", dentro do Proxecto SALVEMOS O PLANETA. Hoxe as actividades consistirán en ver un par de vídeos sobre as CAPAS DA TERRA e completar un esquema que vos adxunto.

   * 1º: ver estes vídeos:  - "La Tierra y sus partes" de Happy Learning.

                                      - "Las capas de la Tierra" de La Eduteca.

   * 2º: Abrir o ficheiro adxunto, copiar o esquema e ir completando os datos que faltan. Unha vez o teñas rematado, volver a ver os vídeos para comprobar se está todo correcto.

Esta actividade, o esquema, escribídela a continuación da tarefa "As constelacións". Primeiro escribides a data en boli negro, o título en maiúsculas e boli vermello CAPAS DA TERRA e facedes o esquema co folio en horizontal. Se tendes pouco espazo nesa folla, colledes un folio novo.

- INGLÉS (ver blogue English3)

- MATE+. Ficha 17 de Cálculo.

- ARTE. Os que non rematáchedes o colaxe ("collage"), rematádelo hoxe e enviádesmo ao meu correo electrónico en canto poidade. Pedide axuda a un adulto para enviarmo.

Calquera dúbida sobre as tarefas do día, resolvémolas no Chat.

As próximas tarefas do día serán o martes 14 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa. Disfrutade e divertídevos moito! Felices vacacións!!

Trivial para 5º

Ola!

Hoxe déixovos unha actividade de repaso de todo o aprendido. Trátase dun trivial no que ides atopar distintos temas, como adiviñar un ritmo que soa, recoñecer o debuxo dunha melodía ou preguntas sobre instrumentos, entre outras. Hai tamén algunhas preguntas sobre compositores clásicos que quizais resulten máis complicadas, pero non vos preocupedes por iso, o importante é repasar dun modo divertido.

Premede neste enlace para comezar: https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

Unha aperta!

Resistiré, partitura para 6º.

Ola!

Hoxe imos traballar as alteracións: os sostidos e os bemoles.

Recordemos que as alteracións sirven para subir ou baixar medio tono a altura das notas. O sostido sube medio tono (a nota vai soar medio tono máis aguda) e o bemol baixa medio tono (a nota vai soar medio tono máis grave). Unha canción de moda para practicar ambos é "Resistiré", do Dúo Dinámico. Nesta versión que vos propoño, atopamos o si bemol que xa practicamos, pero tamén o do' sostido. Ó final da partitura póñovos as posicións da frauta. A primeira páxina corresponde á estrofa e a segunda ó estribillo. Espero que vos divirtades moito!

E xa para rematar, póñovos un vídeo co que podedes practicar, incluso a dúas voces:

Unha aperta!

Ortografía. Para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola ola!!

Buscando recursos para traballar a ortografía, atopeime con este xogo interactivo que me encantou e que recomendo para 5º e 6º de EP

 

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/13_elemental_watson/index.html

Nel atoparedes diferentes retos, converténdovos en axudantes de Sherlock Holmes.

Ao igual que noutras entradas do blogue, ao acceder á páxina está en branco ou gris. Clicade na peza que sae no medio da páxina e dádelle a permitir no recadro que aparece arriba á dereita. Desta forma xa vos facilita o acceso.

Saudiños

 

Novas actividades para favorecer a linguaxe oral

Bo día!

Hoxe tedes novas actividades neste enlace, que moitos xa coñeceredes de entradas anteriores, que favorecen e están relacionadas coa aprendizaxe da linguaxe oral, tan necesaria para o desenvolvemento de moitas habilidadades, así como para reforzar o aprendizaxe da lectoescritura.

Como xa sabedes están divididas por niveis.

Que vos divirtades moito!

 

 Facede clic aquí:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

 

 

 

Distribuir contido