Blogues

OS NOSOS PEQUENOS ARCIMBOLDOS.

Esta semana, os pequenos e pequenas de segundo curso estiveron vendo as obras de Giuseppe Arcimboldo, e tomaron inspiración para facer as súas propias versións. 

Nos arquivos adxuntos atoparedes a obra dos nosos pequenos artistas. 

Tarefas Venres 17 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA (no Chat de Abalar). Hoxe comentaremos os "problemas" dos semilleiros que temos na aula e o volcán ANAK KRAKATAU.

- PROXECTO: FICHAS DAS PLANTAS. Buscar información sobre 2 plantas, as que tí elixas. Ir facendo os debuxos das plantas que xa tendes buscada a información.

- INGLÉS. Mirar as propostas de Eva.

- ESCRITURA. Continuamos coa biografía de Gustav Klimt.

A continuación do 1º ditado, facemos o 2º ditado. Se non vos colle nese medio folio, teredes que cortar outro folio pola metade e facer o mesmo. Recordade escribir polos dous lados do papel.

Buscade a axuda dun adulto para que vos faga o ditado. Non escribades a data, para que a información quede unha a continuación da outra. O ditado é o seguinte:

 

En 1904 comeza os debuxos para a decoración do Palacio Stoclet de Bruselas, que finalizou en 1909. 

En 1908,  encóntrase no máis alto da súa carreira, con algunhas das súas pinturas máis famosas, como: El beso, Dánae y Judith II. O estilo de Klimt, e o que utiliza neste cadro, é o simbolismo.

Klimt, aparte de ser pintor, tamén foi decorador. El árbol de la vida foi un dos seus últimos traballos decorativos e forma parte da decoración que Klimt fixo para o palacio de Bruselas.

 

- HORA DE LER. Facede unha lectura silenciosa de 20 minutos aproximadamente.

- ARTE. A proposta desta semana é realizar a vosa versión de "El árbol de la vida" de Klimt. Para iso, nunha lámina de debuxo facedes o voso cadro. Non ten que ser exactamente como o de Klimt, pero sí ten que cumplir uns requisitos mínimos, é dicir, manter a estructura do cadro e os elementos principais, que destacamos onte na Asamblea. Logo, podedes introducir algúns elementos novos decorativos para facelo propio. Así, cada cadro terá unhas peculiaridades e serán todos diferentes. 

Podedes utilizar reglas, compás, acuarelas ou ceras.

Por detrás da lámina, escribide os datos sobre o cadro orixinal e sobre a vosa versión:

          Cadro orixinal.                                                                        A miña versión do cadro.

            - TÍTULO:                                                                                 - TÍTULO:

            - AUTOR:                                                                                  - AUTOR:

            - DATA DE ELABORACIÓN:                                                          - DATA DE ELABORACIÓN:

            - LOCALIZACIÓN:                                                                       - LOCALIZACIÓN: 

O cadro estará rematado para o próximo venres 24 de abril.

 

Aclaramos as dúbidas de hoxe polo Abalar ou polo e-mail.

Bo traballo!

Body parts!!!

Boas !

Antes de nada dicirvos que espero que esteades ben, tanto vós como as vosas familias.

Aquí vos deixo un video para paracticar o nome das partes do corpo en English!!!!

Crebacabezas de adiviñas

Apetécevos crear o voso crebacabezas de adiviñas?

Mirade este exemplo

Só precisades un folio e facer un modelo de ficha rectangular, como na imaxe. Podedes incluír na solución debuxos, debuxos con palabras como as da imaxe ou palabras soas, o que vós prefirades.

Aquí vos deixo alguna ideiña de adiviña para facer as vosas creacións.

https://www.100adivinanzas.com/

 

Saudiños

Musicograma para 5º e 6º

Ola!

Hoxe imos traballar cunha canción que moitos din que inspirou a "Resistiré", tanto na música como na letra. Trátase de "I will survive", de Gloria Gaynor. É unha canción dun tremendo éxito, tanto que todavía hoxe se sigue versionando como por exemplo esta actual versiónd de Demi Lovato: https://www.youtube.com/watch?v=Ytdtr1WfudE

 

Sen embargo, as versións coas que traballaremos son moi distintas entre si. En primeiro lugar escoitaremos a orixinal, de 1978: https://www.youtube.com/watch?v=ARt9HV9T0w8

E despois a versión de 1996, de "Cake": https://www.youtube.com/watch?v=f9rCUQjmkxU

E agora o musicograma. Tedes que escoitar as cancións de fondo mentres seguides compás a compás como se vai desarrollando a canción, estando moi atentos e atentas a que instrumentos van soando e as diferenzas entre ambas versións. O musicograma da canción orixinal é o que está arriba e o da versión de Cake é o de abaixo. Recordade que cada cadriño é un compás:

Sodes capaces de seguir as cancións? Cales son as diferenzas? Cal vos gusta máis? Coñecedes algunha versión distinta? E por último, credes que se parece a "Resistiré"?

 

Unha aperta.

 

Lorenzo, Victor and Alex

É xenial ver como entre eles se axudan,facendo un traballo colaborativo para chegar a ter unha aprendizaxe moito máis enriquecedora. A través do fomento da  aprendizaxe entre iguais, favorecemos a motivación do alumnado de cara a aprendizaxe. 

Aquí vos deixo un bo exemplo.

TARXETAS DE SAÚDO PARA OS COMPIS DE CLASE.

Pensaba que non publicara as tarxetas, e si que o fixera, nos arquivos adxuntos do Venres, 3 de marzo. Xusto antes de Semana Santa. Non sei se chegastes a velas ou non! Por se non fose así, aquí tedes os enlaces. Só tedes que pinchar:

 

Tarxetas 1. 

Tarxetas 2. 

Tarxetas 3.

Tarxetas 4.

Actividades para o aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades lingüísticas - 7

Moi bo día a todas e todos!

Déixovos, de novo, o enlace das actividades para o aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades lingüísticas, que xa sabedes que son moi importantes para vós, porque tedes novas actividades. Xa imos pola 7!

Facede clic no seguinte enlace:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas

 

Gustaríame que me contedes como vos vai indo, como vos estades a sentir nestes días, se tedes ganas de volver ao cole, que vos están parecendo as actividades que vos estou propoñendo, calquera suxestión que estimedes oportuna, ou o que vos apeteza contarme. Gustaríame, sobre todo, saber como o estades pasando e se vos están axudando este tipo de actividades que vos estou propoñendo, gustaríame saber de vós... se vos apetece, podedes facelo no seguinte email:

al.cole.luisa@gmail.com

Estarei esperando as vosas mensaxes!

Unha aperta moi forte para todas e todos!

 

 

Tarefas Xoves 16 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Hoxe imos falar das vosas reflexións sobre o cadro de Gustav Klimt que vos presentei o xoves 2 de abril. Xa sabedes como se chama o cadro? (no Chat de Abalar)

-PROXECTO: continuamos coa actividade "OS VOLCÁNS" iniciada onte. Copiamos e resolvemos as actividades 3 e 4.

  • 3- Debuxa un volcán e as súas partes (indícaas no debuxo). Coloréao.
  • 4- Curiosidades. Copia e completa o seguinte cadro co nome e a altitude de: as 3 montañas máis altas de Galicia, as 3 montañas máis altas de España, as 3 montañas máis altas de Europa e a montaña máis alta do Mundo. Busca en internet ou en libros de consulta a información.  

                                               NOME                                      ALTITUDE

                    GALICIA               Peña Trevinca (Ourense)           2.127m

                    GALICIA

                    GALICIA

                    ESPAÑA

                    ESPAÑA

                    ESPAÑA

                    EUROPA

                    EUROPA

                    EUROPA

                    MUNDO

- MATE+: Ficha17. Resolución de problemas.

- E.F.: ver as actividades propostas por Laura.

- HORA DE LER. O sábado 11 de abril de 2020, entrou en erupción o volcán ANAK KRAKATAU, en Indonesia. Vichedes as noticias? Se tendes curiosidade, no seguinte enlace podedes ver como ocorreu todo e a historia deste volcán:

                                         https://www.bing.com/news/search?q=volc%c3%a1n+indonesia+en+erupci%c3%b3...

 

Como todos os días, as dúbidas resolvémolas no Chat de Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

 

 

Míguel and Manu

Tócalle o turno a Manu e Miguel. Noraboa rapaces...Ben falado!!!

Distribuir contido