blogue deMartina

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

-        Escolle a un dos teus familiares, e elabora un pequeno traballo sobre a súa profesión. Por iso, primeiro falarás con esa persoa para recabar tódolos datos. Pode ser un mural, unha ficha, un debuxo ou un mapa mental. Deixa traballar a túa creatividade. Debe incluir:

 

·       Nome da persoa sobre a que o fas, e a súa relación contigo.

·       Profesión.

·       Lugar de traballo. ¿Cómo se chama o lugar onde realiza o seu labor? (colexio, panadaría, hospital…).

·       Responsabilidades. ¿Qué fai no seu traballo?

·       

Utensilios. ¿Qué necesita para realizar o seu labor?

·       Por último, Por qué é importante o seu traballo para todos nós?

PLÁSTICA (1 SESIÓN)

-      Despois de realizar as actividades de Lengua Castellana, e investigar, entre os adultos da vosa familia, elaborade un cartel para reivindicar un dereito de traballadores e traballadoras que creades que ainda fai falta conseguir.

Enviade os carteis, que tamén os colgaremos na nosa páxina para o vindeiro venres! 

Lembrade: Un cartel debe levar letra e debuxos vistosos, que estean en relación co que se quere transmitir.

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020 (2+2 SESIÓNS)

 

Proxecto: A merendar (2 sesións)

- Sesión 1:

-        Páx. 43. Os puntos de abaixo, vermellos:

 Elaborar a lista cos utensilios necesarios para preparar a vosa merenda. Lembra que unha lista escríbese en vertical.

Elixide, tamén, quen vos axudará na casa, se precisades axuda, e pedídello.  (lembrade que debe ser algo que preparedes vós case sós, con moi pouca axuda!)(podedes buscar axuda para acender un forno, ou para dicirvos como pesar…)

Esa lista, farédela nun folio a parte, no que poñeredes nome e data, e o título. “Lista de utensilios para a merenda”.

-        Na páx 44, en “GUSTARÍAME TRAER”, hai que anotar que menú vos gustaría facer. Para o cole e para casa. (Os que me enviastes a foto non tiñades ben o exercicio). É dicir, aí debedes anotar o que vai levar o voso menú: brocheta de froitas, biscoito, iogur…) E explicar se vai preparado dun xeito especial.

 

- Sesión 2:

 

-        Páx 45: Os dous últimos exercicios.

Mirade se, nas normas para cociñar, tedes anotado recoller o pelo e lavar ben as mans. É moi importante!

 

-        Páx 46: O primeiro exercicio.

 

Agora, debedes xa ter todo listo para organizar a vosa merenda en familia! Organizádea, e desfrutádea moito.

Lembrade que debedes ser uns bos anfitrións!

Nalgunha videoconferencia, falaremos de qué fariamos para clase, se nos fose posible organizar unha merenda para todos. Contade tamén, polo abalar, cando fagades a merenda, como resultou.

Se tedes preguntas, por favor, dicídeme!

Proxecto: somos xardineiros e xardineiras (2 sesións)

- Sesión 1

-        Exercicios Páx 33 e 34.

- Sesión 2.

Para preparar esta sesión, ides á páxina de Santillana: https://proxectos.santillana.com/. Alí veredes o seguinte:

*Unha vez dentro da páxina, pinchar na rodiña inferior esquerda; logo, no cadradiño con montaña, e logo na flecha para abaixo que aparece no centro da páxina. Escoller a sección 4: AS PERSOAS E AS PLANTAS. Dentro desa sección, está o que tedes que ver. 

- Que nos proporcionan as plantas?  (Presentación interactiva – Sección 4)

 

- As plantas son importantes (Video – Sección 4)

-        Exercicios Páx 35 e 36.

Se tedes dúbidas, por favor, preguntádeme.

 

 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020 (3 SESIÓNS)

- Sesión 1:

- Competencia lectora: Da ficha 20, faredes a lectura e os exercicios 1, 2 e 4, de momento. Deixádea aí, que continuaredes na sesión seguinte.

-  Sesión 2:

- Videoconferencia: Esta semana, falaremos o martes, 28 de maio, ás 12:00, por videoconferencia en Webex. Direivos, polo abalar, como debedes entrar.

Na videoconferencia, falaremos de como estades, pero tamén sobre as folgas, os traballadores, e as preguntas do exercicio 3 de Robin Hood.

- Sesión 3:

-  Obradoiro de ortografía: Ficha 19.

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

- Sesión 1:  Mira el siguiente video, hasta el minuto 1:57. Escúchalo varias veces, si lo necesitas.

Puedes mirar, en Google maps, donde está la ciudad de Chicago, y a cuánta distancia está de Corcubión. Si no sabes, puede ayudarte un adulto.

Puedes mirar en este enlace: Corcubión - Chicago.

Luego, en un folio con tu nombre y la fecha, escribes lo siguiente, a bolígrafo, y contestas las preguntas a lápiz:

1 DE MAYO

1.      ¿Por qué protestaron los trabajadores de Chicago el 1 de Mayo de 1886?

2.    ¿Qué es una huelga?

3.      ¿Qué hacen los trabajadores en una huelga?

4.      ¿Qué crees que son las condiciones laborales, según lo que has oído en el video?

 

- Sesión 2: (En la misma hoja que has utilizado ayer, con nombre y fecha, haremos un dictado). Busca a un adulto que te ayude para el dictado. Luego, haz el ejercicio. 

Dictado: “El trabajo hace unos años”

Hace poco más de cien años, las fábricas eran centros de trabajo donde trabajaban por igual hombres, mujeres, ancianos y niños. Y lo hacían más de doce horas diarias, una jornada que no daba opción a las personas de recuperarse, descansar, ni, por supuesto, disfrutar de tiempo de ocio.

Ejercicios:

-        Busca las palabras en las que tuviste una falta de ortografía, y anótalas correctamente.  

-      Busca en el dictado cinco sustantivos y di si están en masculino (m.) o femenino (f.), en singular (sing.) o en plural (p.).

- Sesión 3:

-  Mira este fragmento de película de Charles Chaplin, donde se ve cómo podían trabajar antes de empezar las huelgas. (aunque, aquí, está un poco exagerado…)


- Investiga, preguntando a tus padres, o a otros adultos trabajadores con los que puedas hablar, qué derechos aún faltan por conseguir para los trabajadores.

- Decide un derecho de trabajo que creas necesario conseguir, y elabora, en la sesión de Plástica, un cartel para reivindicarlo. Puedes enviármelo y, también, colgarlo en tu ventana, o en tu puerta, el 1 de mayo, para apoyar la festividad.

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

Todos los días:

-      Practicar con monedas y billetes, como vinimos haciendo hasta ahora.

-        Practicar, un poco, las tablas.

-        En todas las sesiones, escribiré un reto matemático, para resolver multiplicando. La escribiréis en vuestra agenda y la contestaréis, con la operación correspondiente.

Ejemplo:

¿Cuántas alas tienen 3 palomas?

2+2+2=2x3=6

Tres palomas tienen 6 alas.

*Cuando hagáis las fichas, recordad leer antes muy bien todo, y estar seguros de que lo entendéis. Si no entendéis algo, podéis preguntarme por abalar.

-  Sesión 1:         Reto de hoy para la agenda: ¿Cuántas manos tienen 5 niñas?

Numeración: Ficha 25: Los números ordinales. Este año, aprenderemos hasta el 20º (vigésimo).

 

- Sesión 2:          Reto de hoy para la agenda: ¿Cuántos pies tienen dos niños?

                           Cálculo y operaciones: Ficha 12.

Quienes la tengáis hecha, podéis hacer algún juego de matemáticas de los que he puesto en la página del cole, dentro de la sección de Matemáticas, en “Jugamos con las mates”.

 

- Sesión 3:           Reto de hoy para la agenda: ¿Cuántas patas tienen tres perros?

                            Medida: Ficha 9. Situaciones de compra.

 

- Sesión 4:           Reto de hoy para la agenda: ¿ Cuántos ojos tienen cuatro gatos?

                            Geometría: Ficha 6: La simetría. 

Para entender mejor la simetría, puedes ver el siguiente video:

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL DE 2020

Bos días, nenos e nenas. Esta semana, só terá 4 días, porque o 1 de maio é festivo. Falaremos del nas actividades que imos realizar.

Lembrade, antes de facer as actividades:

 

- Mirar na axenda o día que é, e anotar o tempo. 

- Tamén que, esta semana, tedes que engadir a este traballo:

  • 2 sesións de inglés.
  • 1 sesión de Música.
  • 1 sesión de Educación Física. (A outra tocaría o venres, que é festivo).

(deberedes mirar nas seccións da páxina web para ver os exercicios que vos propoñen os profes)

anuncios:

- Esta semana, o venres día 1 de maio, será festivo. É o DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS. 

- Intentei facer unhas instrucións máis esquemáticas. Agardo que, despois, me digades se precisades unha explicación máis longa sobre algo. 

- Tamén intentei que fose un pouco menos de traballo, xa que algúns dixestes que, a semana pasada, foi un pouco dura. 

 

-  Lembrade que, o vindeiro mércores, 29 de abril, non estarei moito tempo polo abalar, xa que teño revisión médica. Conto con estar de 12:00 a 14:00h. polo menos. 

 

Xa tedes as actividades publicadas na páxina web, tanto nos arquivos adxuntos (aquí abaixo) como nas sección das diferentes áreas. 

 

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL.

Bos días, chicos e chicas!Hoxe, teño varios anuncios:

- Esta semana, o venres día 1 de maio, será festivo. É o DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS. Polo tanto, é festivo e non hai cole.  

- Intentei facer unhas instrucións máis esquemáticas. Agardo que, despois, me digades se precisades unha explicación máis longa sobre algo. 

- Tamén intentei que fose un pouco menos de traballo, xa que algúns dixestes que, a semana pasada, foi un pouco dura. 

-  Lembrade que, o vindeiro mércores, 29 de abril, non estarei moito tempo polo abalar, xa que teño revisión médica. Conto con estar de 12:00 a 14:00h. polo menos.

Podedes ver as tarefas nas diferentes seccións, na páxina web, ou descargar o pdf que está nos arquivos adxuntos. 

Lembrade todos os días, mirar na axenda o día que é e anotar o tempo!

Unha aperta, e boa semana a todos e todas!

 

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020

Bos días, chicos e chicas! 

Hoxe, en primeiro lugar, quero anunciar dúas novas:

- Mañá, 21 de abril, será o aniversario de Telma. (tedes que desculparme os que tivestes aniversario antes, Tristán e Alberto, que non o anunciei porque aínda non lle collera o tranquillo a isto de mandar as cousas por internet...).

- O xoves, 23 de abril, será o Día do Libro. 

Imos celebrar a semana do libro toda enteira. Por iso, en Lingua Galega, a actividade para facer é un conto,  e teredes que mandarmo. Elaboraremos, entre todos, un libro de contos que poderedes ler na páxina web. 

En Lingua Castelá, seguiremos coa práctica dos substantivos. 

En Matemáticas, teredes que repasar, diariamente, as táboas de multiplicar e coas moedas. Esta semana, empezaremos tamén cos billetes. 

En Ciencias Sociais e Naturais, imos poñernos ao día cos Proxectos "Somos xardineiros e xardineiras" e "A merendar". 

En plástica, ilustraredes o conto que faredes en Lingua Galega. 

E, por último, en valores, esta semana, imos colaborar de xeito especial coas tarefas da casa. 

Lembrade, todos os días: 

-  Abrir a axenda polo día de hoxe, e anotar o tempo. 

-  Repasar uns minutos as táboas de multiplicar e practicar coas moedas, e os billetes cando toque comezar con eles. 

-  Facer 20 minutos de lectura silenciosa e, nunha desas sesións, incluides a ficha de "Contos por teléfono". 

E, algunha vez, participar na asemblea, polo abalar, para preguntar dúbidas ou contar o que queirades. 

Xa tedes dispoñible, nos datos adxuntos, o pdf coas actividades propostas para a semana, para quen prefira este formato. 

Agardo que tivérades boa fin de semana e comezedes o luns con moita enerxía. Unha aperta! 

Martina. 

 

SEMANA DO 20 AO 25 DE ABRIL DE 2020

Bos días, chicos e chicas. 

O primeiro que teño que comentarvos é que, esta sermana, mañá, martes 21, será o aniversario de Telma. Tamén, que, o xoves 23, é o día do Libro. Por esta razón, esta semana celebraremos a "Semana do Libro", e imos facer, en Lingua Galega, un conto cada un, e cos contos que mandedes elaboraremos un pequeno libro de contos que publicaremos na web. Seguro que nos queda fabuloso! 

En arte, ides ilustrar o voso conto. Poñede moito coidado coas ilustracións e atendede aos detalles. 

En matemáticas, seguimos coas rutinas de practicar, tódolos días un pouquiño, as táboas de multiplicar, e tamén un pouquiño cos euros e os céntimos (esta semana comezaremos cos billetes). Tedes unhas táboas dentro do sobre de material. Podedes sacalas, poñerlles un encuadernador ou unha anilla e practicar con elas. 

En ciencias naturais e sociais, esta semana, púxenvos actividades dos proxectos "Somos xardineiros e xardineiras" e "A merendar". 

En Lingua castelá seguiremos practicando cos sustantivos. 

Lembrade, por favor, tódolos días:

-  Mirar na axenda o día que é, e anotar o tempo que vai. 

-  Practicar un pouquiño cos cartos e coas táboas de multiplicar. Podedes buscar axuda dun adulto para isto. 

- Facer 20 minutos de lectura silenciosa. 

- Descansar cada hora un pouquiño e, un rato un pouco grande, como 20 minutos, cada 2 horas. 

Agárdovos polo Abalar. Hoxe, gustaríame que me contedes algo que non vos preguntei a semana pasada... Alguén fixo festa o venres 3 de abril, antes de Semana Santa? Que tal o pasastes? Agardo que tiverades unha boa fin de semana e que empecedes este luns con moita enerxía! 

 

Distribuir contido