blogue debacava78

Tarefas Luns 11 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

Esta semana ímola adicar á POESÍA e coñeceremos un pouquiño a LEANDRO LAMAS, un artista galego moi polifacético.

- ASAMBLEA. No Chat de Abalar. Hoxe non faremos videoconferencia.

 

- E.F. Ver a proposta de Laura.

 

- MATE+Ficha 23. Cálculo y operaciones.

 

Para calcular la mitad de un número, tienes que dividir el nº :2.

 

Para calcular el tercio de un número, tienes que dividir el nº :3.

 

Para calcular el cuarto de un número, tienes que dividir el nº :4.

 

Para calcular el quinto de un número, tienes que dividir el nº :5.

 

 

- PROXECTO:Continuamos co proxecto "Salvemos o planeta" e hoxe propóñovos o seguinte: 

 

-              1º Ver e escoitar a canción de Happy Learning:

 

o   “La Tierra sin contaminación”

 

-               2º A ficha adxunta, gárdaa nunha carpeta co nome PROXECTO no teu ordenador. Logo, complétaa coas palabras que faltan en cada verso. En cada línea hai que escribir unha palabra. Podes escoitar 1º a canción sen escribir nada e logo, unha 2º vez xa completando os versos.

                3º Ao longo da semana, memoriza unha estrofa par e unha estrofa impar, as que tí queiras (1ª+2ª ; 3ª+6ª;…) para recitar nunha videoconferencia que acordemos.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

- BIBLIOTECA. Esta actividade semanal, podemos dála por rematada. Os que queirades podedes seguir cubrindo o "Pasaporte lector" despois da lectura dun libro, non é obrigatorio.

Pero, non deixedes de ler, dacordo?

 

As dúbidas resolvémolas no chat de Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

Tarefas Venres 8 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. Na videoconferencia de hoxe imos resolver dúbidas nas tarefas desta semana e imos xogar cos substantivos.

 

- MATE+. Ficha 16. Probabilidad. Tratamiento de la información.

 Practica online, antes o después de hacer la ficha:

           https://es.ixl.com/math/3-primaria/más-probable-menos-probable-e-igual-de-probable

           https://es.ixl.com/math/3-primaria/seguro-probable-improbable-e-imposible

 

- INGLÉS. Ver a proposta de Eva.

 

- PROXECTO. Hoxe imos coñecer un pouco máis sobre: TEMPO ATMOSFÉRICO e CLIMA.

 

-               1º Ver os vídeos:

             - “El tiempo atmosférico y los mapas del tiempo”, de Happy Learning.

            - "El tiempo atmosférico", de La Eduteca.

 

 

-              2º A continuación da actividade  “A Atmosfera”, escribe a data de hoxe en boli negro e en vermello o título en maiúsculas:   TEMPO ATMOSFÉRICO e CLIMA.

 

Logo, contesta ás seguintes preguntas:

 

              TEMPO ATMOSFÉRICO e CLIMA.

1-   Que é o tempo atmosférico? Que é o clima?

 

2-   Para coñecer o tempo atmosférico que fai ou que vai facer, que 3 elementos temos que medir?

 

3-   Fai un debuxo dos aparellos que utilizan os meteorólogos para medir os 3 elementos do exercicio anterior.

 

4-   Que clima temos en Galicia?

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

- ARTE. Realizar as ilustracións do conto que elaboráchedes esta semana cuxa protagonista é o voso superheroe ou superheroína. Como a actividade está feita no ordenador, as ilustracións teredes que buscalas en internet e copialas en cada parte do conto. Se non encontrades imaxes que se adapten á vosa historia, facede as ilustracións nun folio ou no bloc de debuxo, como prefirades.

 

Resolvemos as dúbidas no Chat en Abalar, no correo electrónico ou na videoconferencia.

Bo traballo!

Tarefas Xoves 7 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. No Chat en Abalar.

 

- MATE+. FICHA 9 GEOMETRÍA. EL PERÍMETRO Y EL ÁREA.

Primero haz la ficha y luego puedes practicar online:

                    https://es.ixl.com/math/3-primaria/perímetro

                    https://www.cokitos.com/constructor-de-areas/play/

                    https://www.cokitos.com/perimetros-matematicos/play/

- ESCRITURA. Continuamos con la actividad del CUENTO. Hoy realizaréis la tercera y última tarea que aquí os adjunto. La descargáis, junto con las dos anteriores, en la carpeta CUENTO y escribís una historia cuyo protagonista sea vuestro superhéroe/superheroína.

 

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

Resolvemos dúbidas no Chat en Abalar ou por correo electrónico.

Bo traballo!

Tarefas Mércores 6 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. Na videoconferencia de hoxe imos correxir as fichas 21 e 22 de Cálculo y operaciones.

- INGLÉS. Ver a proposta de Eva.

- PROXECTO.  Continuamos esta semana con dúas tarefas dentro do Proxecto "Salvemos o Planeta". Hoxe centrarémonos en coñecer cómo viaxa a auga polo Planeta, estudando O CICLO DA AUGA

 

  • 1º Ver os vídeos de Happy Learning:
    • ¿El agua?.
    • ¿Qué son las nubes??
    • ¿El ciclo del agua?
  • 2º Ides facer un experimento sobre o ciclo da auga. Para iso, vedes primeiro o vídeo: "Experimento. El ciclo del agua en una bolsa. Aprende con Nisabelt" (ver ata o minuto 7:06). Logo, gravádelo explicando vós as distintas fases polas que pasa a auga no noso planeta Terra. 

- ESCRITURA. CONTINÚA EL CUENTO: "Un cuento de animales".

Descarga el archivo adjunto en tu ordenador y guárdalo en la carpeta "EL CUENTO". Convierte el .pdf en .word y haz la ficha.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

Tarefas Martes 5 de maio de 2020

TAREFAS DE HOXE.

- ASAMBLEA. No Chat en Abalar.

- INGLÉS. Ver proposta de Eva.

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

  VALORESO conto desta semana será: “El labrador y la víbora”:

 

https://www.mundoprimaria.com/fabulas-para-ninos/labrador-vibora

 

A continuación da ilustración que fixéchedes do conto anterior “La zorra y las uvas”, escribides a data de hoxe, o título do conto “El labrador y la víbora” e realizades unha ilustración sobre esta historia.

 

 

- MATE+. Ficha 22. Cálculo y operaciones.

 

Para calcular la mitad de un número, tienes que dividir el nº :2. Y, para calcular el tercio de un número, tienes que dividir el nº :3.

 

- ESCRITURA. Esta semana vamos a trabajar el CUENTO. Realizaréis las tareas en la propia ficha que yo os envío en los archivos adjuntos. 

   1º abrís una carpeta en el escritorio del ordenador, con el nombre CUENTO. Dentro de la carpeta, guardais el archivo adjunto de hoy: "ESCRIBIR DIÁLOGOS". Realizáis la ficha en el ordenador.

 

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- MÚSICA. Ver proposta de Marcos.

 

Resolvemos as dúbidas no Chat e por correo electrónico.

Bo traballo!

Tarefas Luns 4 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA.

- ASAMBLEA. No chat en Abalar e na Videoconferencia.

 

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver as propostas de Laura.

 

- MATE+. FICHA 21. CÁLCULO Y OPERACIONES

- ESCRITURA. No libriño sobre GUSTAV KLIMT, imos localizar substantivos e adxectivos. A continuación da tarefa dos VERBOS, escribimos a data de hoxe e copiamos e resolvemos estes dous exercicios:

     1- Nos seguintes enunciados, arrodea de amarelo os substantivos (nomes de persoas, animais, obxectos ou lugares) e de marrón os adxectivos (palabras que nos din cómo son os substantivos).

          - Unha familia artesá.

          - Os tres fillos.

          - As súas pinturas famosas.

          - O palacio de Bruselas.

      2- Cambia de xénero (masculino ou feminino) e de número (singular ou plural) os seguintes enunciados:

          - Os artistas austríacos-------

          - Os seus tres fillos ----------

          - O seu compañeiro ---------

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 - INFORMÁTICA. Explícovos na videoconferencia a actividade desta semana.

 

Calquera dúbida, resolvémola no Abalar, no correo electrónico ou na videoconferencia de hoxe.

Bo traballo!

Tarefas Xoves 30 de abril de 2020

TAREFAS PARA HOXE:

- ASAMBLEA. No CHAT de Abalar, hoxe resolveremos o RETO matemático da páx.104. Falaremos sobre as profesións e oficios que vós considerades que están sendo imprescindibles nestas semanas de confinamento.

 

- MATE+. FICHA 19. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.

 

- LECTURA-ESCRITURA. Conmemoración DÍA DEL TRABAJO- 1 DE MAYO.

    1º Ver el vídeo "Día del trabajador Aula365".

     2º Leer el texto "Día del trabajador" (en el documento adjunto).

     3º En un folio de doble pauta o cuadriculado, escribes como título  DÍA DEL TRABAJO  1 DE MAYO (con letras dobles y grandes, coloreadas). Copias y resuelves los siguientes ejercicios:

                    1- Busca en el diccionario.(recuerda escribir antes de la definición, las abreviaturas del tipo de palabra (sustantivo-s.; verbo-v.) y género (masculino-m. ó femenino-f.) de la palabra, tal y como aparece en el diccionario).

            - trabajo: s.m.
            - remunerar:
            - luchar:
            - huelga:
            - mártir:
            - reivindicar:
           
     2- Investiga en tu familia. Pregunta a 4 personas sobre su trabajo: 

 

     Familiar

(abuela, madre, tío,...)       

Número de horas
que trabaja al día
Trabajo remunerado
o no remunerado
     
     
     
     

 

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver as propostas de Laura.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

As dúbidas resolvémolas no Chat en Abalar e por correo electrónico.

Bo traballo!

Tarefas Mércores 29 de abril de 2020

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na videoconferencia de hoxe imos correxir as tarefas sobre as divisións, que fixéchedes esta semana (Ficha 19-20). Tamén falaremos do experimento que vos propuxen onte.

- INGLÉS. Ver a proposta de Eva.

- MATE+. FICHA 18. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Divisiones de 1 cifra.

- ESCRITURA. GRAMÁTICA: OS VERBOS.

       Collemos o libriño sobre Gustav Klimt, e realizamos as seguintes actividades a continuación da vosa versión do cadro "El árbol de la vida". Nunha carilla en branco, escribides a data en boli negro e en boli azul os seguintes exercicios:   

       1- O texto sobre a vida e obra de Gustav Klimt, está escrito en PRESENTE, PASADO OU FUTURO? Como o sabes? Explícao coas túas palabras.

       2- Busca 6 verbos (palabras que nos indican unha acción, facer algo) no texto e completa o seguinte cadro:

 

     VERBO        INFINITIVO       CONXUGACIÓN: 1ª,2ª ou 3ª

 

 

   

RECORDA:
1ª conxugación: verbos rematados en -ar
2ª conxugación: verbos rematados en -er
3ª conxugación: verbos rematados en -ir.

       3- Escribe unha oración con cada un dos verbos do exercicio 2.
             (Podes conxugar os verbos como queiras. En total escribirás 6 oracións)

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- PRÁCTICA ONLINE DE CONTIDOS

    DIVISIONES: https://www.cokitos.com/juego-aventura-matematica-submarina/play/

    CÁLCULO MENTAL: https://www.cokitos.com/calculo-mental-interactivo/play/

 

As dúbidas resolvémolas no Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!

 

Tarefas Martes 28 de abril de 2020

TAREFAS para hoxe:

- ASAMBLEA. Falaremos das saídas que fixéchedes onte e da actividade de onte sobre como escribir un correo electrónico.

- INGLÉS. Ver as propostas de Eva.

- RELIXIÓN. Ver proposta de Chefa.

   VALORES. Ler o conto: "LA ZORRA Y LAS UVAS", fábula sobre o esfuerzo, que está no Ficheiro adxunto. A continuación do traballo do conto "La esmeralda encantada" da semana pasada, escribe a data e o título do conto e fai unha ilustración que represente cómo continuarías tí a historia da "zorra".

- MATE +. Ficha 20. Cálculo y operaciones. 

            Antes de hacer la ficha, ver los 2 vídeos explicativos en unprofesor.com:

                 "Aprender a dividir entre una cifra- divisiones exactas" y "Aprender a dividir entre una cifra- divisiones inexactas" (=enteras).

           Luego, practica online en:    https://www.smartick.es/matematicas/exercise.html?resource=todas-juntas

- PROXECTO.

           Esta semana imos coñecer un pouco máis a fondo unha das capas máis importantes da Terra, a ATMOSFERA (en galego, atmosfera é unha palabra grave/llana e non leva til. En castelá, atmosfera é unha palabra esdrúxula e leva til, "atmósfera")
       1º Ver o vídeo: "La atmósfera" de Happy Learning.

        2º Despois da teoría "Fontes de enerxía", escribir a data e o título CAPAS DA ATMOSFERA (en boli vermello), debaixo realizar o debuxo que vos adxunto sobre as capas da Atmosfera. Unha vez feito o debuxo, identificade as capas escribindo os nomes en cada unha delas. Logo, completade a información de cada capa con dous datos dos que fala no vídeo: altura que ten a capa e que podemos atopar nela. 

        3º EXPERIMENTO. Propóñovos un experimento sobre as capas da Terra. É moi interesante. Animádesvos?
             Ve o seguinte vídeo, busca os materiais e intenta realizalo: "Geología. Capas de la Tierra. Experimento" (ver ata o minuto 6:21). Se queres podes gravarte explicando como o fixeches e enviarmo por WETRANSFER, así practicas como enviar vídeos ou imaxes por correo electrónico.

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- MÚSICA. Ver propostas de Marcos.

 

Tarefas Luns 27 de abril de 2020

Esta semana teremos clases virtuais só catro días porque o venres é festivo, conmemoramos o 1 de maio "DÍA DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS".

TAREFAS DO DÍA:

- ASAMBLEA. Na Videoconferencia de hoxe falaremos da vosa saída de onte, despois de varias semanas sen poder saír á rúa a causa do COVID-19. Tamén falaremos do libro que líchedes a semana pasada e o novo libro para esta semana.

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura.

- ESCRITURA. Escribimos un CORREO ELECTRÓNICO. Imos aprender a escribir un e-mail, para que saibades como enviarme as vosas tarefas, vídeos, imaxes...

       Nunha folla de dobre pauta (se non tendes, nun folio) escribides a data de hoxe en boli negro e o título da actividade en maiúsculas e boli vermello: ESCRIBIR UN CORREO ELECTRÓNICO.

       Abrides o documento adxunto e resolvedes as tarefas propostas.

- MATE+. Ficha 19. Cálculo y operaciones. Antes de hacer la ficha, ver el vídeo explicativo: "Enseñar a dividir" en unprofesor.com Nos explica la división como el reparto en partes iguales.

        - Hacer la ficha. Para el ejercicio 2 puedes utilizar la calculadora.

        - Luego, practica online:    https://es.ixl.com/math/3-primaria : "Comprender la división": J1, J2, J3, J4, J5

                                               https://www.smartick.es/matematicas/exercise.html?resource=concepto-de-la-division

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

- BIBLIOTECA. Se remataches o libro da semana pasada, elixe outro conto para ler durante esta semana. Cando o remates, cubre o Pasaporte lector.

 

Resolvemos dúbidas no Chat de Abalar, no correo electrónico e na Videoconferencia.

Bo traballo!

Distribuir contido