musica

Sons pancromáticos para primeiro

Ola, hoxe déixovos unha pequena ficha para traballar o oído melódico. Ides ter que recoñecer o debuxo que fai o son: se sube de máis grave a máis agudo, se baixa de máis agudo a máis grave ou se non se move. Xa o fixemos algunha vez na clase, pero por se acaso explícovolo neste vídeo:

Esta é a ficha: https://www.liveworksheets.com/c?a=s&g=Primeiro&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=hj&i=cztunx&r=av

Ides atoparvos algo así: 

Como explico no vídeo, tedes que clicar primeiro no altavoz para escoitar o son. Despois, tedes que clicar nun cadradiño debaixo do debuxo correcto. Unha vez que completedes todos, clicades en "Terminado" e vaivos a pedir o nome. Non esquezades cubrilo para que eu sepa de quen é, e así saber se o entendestes.

Unha aperta.

Ritmo para 2º

Ola, hoxe imos traballar o oído rítmico. Ides ter que completar unha ficha na que se escoita un ritmo e hai que escoller a resposta correcta entre tres posibles. Unha vez que rematedes, hai que clicar en "Terminado" e despois, cando volo pida, escribir o voso nome. Así podo correxilas e saber se o entendestes. Por si acaso déixovos tamén unha pequena explicación:

A ficha que tedes que cubrir é esta: https://www.liveworksheets.com/c?a=s&g=Segundo&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&m=n&l=vg&i=czztot&r=zh

Ides atoparvos algo así:

 

Unha aperta!

Ritmo para 3º

Ola!

 

Hoxe toca entrenar o noso oído rítmico, e para iso déixovos unha actividade na que tedes que seleccionar o ritmo que toco coa batería: https://edpuzzle.com/open/zedinei

 

Ides atoparvos esta páxina, primeiro introducide o voso nome e despois clicade en "Join open class" tal e como se ve nesta captura:

 

Unha vez cliquedes, aparecerá por fin o vídeo no que tedes que responder. Algo parecido a esto:

Non vos esquezades de poñer o voso nome.

E xa para rematar, tamén practicando o ritmo, déixovos unha actividade que permite "tocar" unha famosísima peza de Beethoven, o "Claro de lúa": http://touchpianist.com/ 

 

Unha aperta!

Compás para 6º

Ola.

Hoxe vou a deixarvos un pequeno vídeo que fixen para explicarvos un pouquiño a sesión de hoxe. Espero que vos guste:

A semana pasada traballamos o compás. Recibín moi poucas respostas, aínda que estas estaban moi ben. Noraboa!

Por si acaso, aqueles/as que non contestaron foi porque non entenderon, deixo outra actividade máis para repasar: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=6%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=uv&i=otnsu&r=nk&m=n

Hai que marcar se o compás está ben ou mal escrito. Recordade que nun compás de 3/4 (tres por catro) entran tres negras ou o seu equivalente.

Ó clicar no enlace deberíadevos atopar algo así, non esquezades poñer o voso nome:

Unha aperta!

Ritmo para 5º

Ola.

Hoxe vou a eengadir unha pequena explicación en vídeo que fixen para vós, espero que vos guste e que vos sirva de axuda.

A semana pasada traballamos o ritmo e o compás, e as respostas que mandastes estaban todas moi ben. Noraboa!

Hoxe imos traballar o noso oído musical, e para iso vouvos a deixar unha actividade na que tedes que arrastrar cada tambor sobre o ritmo que soe igual: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=5%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=ga&i=sctou&r=pm&m=n

Deberíades atoparvos algo así:

Non vos esquezades de poñer o nome!

Unha aperta.

Instrumentos para 2º

Ola!

Hoxe déixovos unha actividade na que tedes que recoñecer os instrumentos que van soando no seguinte vídeo. Tedes que ir marcando as opcións correctas, e o final escribir o voso nome: https://edpuzzle.com/media/5ea949e633b49a3f6bedfa4a

Deberíades atoparvos esto:

Tras escoitar un instrumento, tedes que clicar á dereita o instrumento que está soando e a continuación darlle ó botón de mandar a resposta.

 

Unha aperta!

Instrumentos para 1º

Ola!

Hoxe déixovos un par de exercicios sobre instrumentos que temos na aula de música. No primeiro deles tedes que arrastrar o nome do instrumento ao seu lugar correspondente: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=1%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=im&i=douftf&r=xl&m=n

Tedes que atoparvos algo así:

No segundo exercicio tedes que seleccionar que soa en cada instrumento, madeira, metal ou o parche: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=1%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=td&i=cxsfz&r=eg&m=n

Tedes que atoparvos algo así:

Espero as vosas respostas.

Unha aperta!

Repaso de notas para 3º

Ola!

Como todavía hai algúns que non me mandastes a vosa interpretación de "Sombras chinas", vou a deixar unha semana máis de prazo. Recordade que a actividade orixinal podédela atopar aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaquenxe/?q=node/429

 

Ademais, deixo unha actividade de repaso das notas: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=gd&i=uzxctc&r=zn&m=n

Nesta actividade, tedes que arrastrar as notas ao seu lugar correspondente. Lembrade que a clave de sol indica que a nota que se coloca sobre a segunda liña é a nota sol. Cando premades o enlace que vos puxen antes ides atoparvos algo así:

E agora que xa as sabedes colocar, unha un pouquiño máis difícil, na que tedes que seleccionar a nota correcta: https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=3%C2%BA&s=M%C3%BAsica&t=ddpjm6qb09&l=dc&i=ncfoz&r=io&m=n

 

Unha aperta!

 

Trompeta para Educación Infantil

Ola!

Hoxe déixovos un pequeno conto musical cun instrumento de vento como protagonista: a trompeta.

A trompeta é un instrumento de vento metal, cun son moi característico. Ten tres pistóns, que xunto coa boquilla consiguen dar todas as notas. No seguinte vídeo, ides escoitar como o protagonista toca distintos estilos musicais con este instrumento. Espero que vos divirtades tanto coma min:

E agora déixovos outra canción para cantar, que ademais da trompeta ten outros moitos instrumentos:

Unha aperta!

Cuestionario para 4º

Ola!

Hoxe imos traballar unha obra de Ketelbey moi famosa, "Nun mercado persa". Esta é unha historia musical que conta o que pasa nun mercado de Oriente Medio. Estade moi atentos e atentas cando a esoitades porque ides a ter que responder a un cuestionario:

 

Agora é tempo de contestar ás preguntas. Tedes que pinchar neste enlace e escoller a resposta máis axeitada: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdMZy74JFLzSH8TbKPLaNOAqxEwK3tA7kMMJkH3n57b3HoTxw/viewform?usp=sf_link

Tedes que atoparvos isto:

Espero as vosas respostas.

Unha aperta!

Distribuir contido