Skip to Content

Curso 2015-2016

Os legumes

Os nenos e nenas do CEIP Prácticas coñeceron os legumes. Decidiron que querían ser o seus amigos e argallaron uns fermosos contos.

Agora teñen un curruncho no noso corazón e no noso cole. Convidámosvos a todos a velos e disfrutalos!

Máis fotos nesta galería...

Encontro con Érica Esmorís - Nena e o mar

O pasado xoves, 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria visitou o CEIP A Ponte para asistir a un Encontro coa autora, organizado pola Concellalía de Educación do Concello de Ourense. Neste caso foi Érica Esmorís a protagonista, autora de "Nena e o mar". A autora, ademais de contarnos a súa vida, gustos, afeccións... explicou o proceso que segue para escribir un libro, a idea que xerou "Nena e o mar" e desvelou detalles moi interesantes para entender a historia. Contestou a moitas cuestións que o alumnado lle preguntou e asinou os libros de todos e cada un dos lectores.

Queremos agradecer ao alumnado de 6º, ao profesorado e ao equipo directivo do CEIP A Ponte, o excelente trato que recibimos.

Máis fotos, nesta galería...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut