Skip to Content

A nosa chave

A nosa chave

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

     Aquí vos deixamos algunhas propostas de lectura para este verán. Animádevos a compartir un momento do día cun libro.

 


 
     BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!!

ENTREGA DE PREMIOS DO XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

     Esta maná entregáronse os premios do XI concurso de fotografía do centro.

     Este curso o concurso levaba por título "Arte na túa cidade".

     A acollida do concurso foi marabillosa e a calidade das fotografías presentadas é digna dos mellores fotografos.

     Debido ao entusiasmo e esforzo mostrado polos participantes o xurado decidiu entregar un premio a cada participante.

    Foto entrega premio directora         Foto entrega premios coordinador

     Espermos que sexa do voso agrado o agasallo e moitas grazas a todos e todas por pariticipar.

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2024"

EXTRA EXTRA

    Aquí vos deixamos o último número do noso xornal escolar "A Buxaina". Recolle algúns dos traballos realizados polo alumnado ao longo deste curso escolar 2023 2024.

 


     Esperamos que sexa do voso agrado.

EXPOSICIÓN XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

          Aquí vos deixamos a galería cos traballos presentados ao XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA.

          Como podedes ver todos os traballos presentados son fantásticos.

          Grazas a todos e todas por participar.

Mural concurso fotografía 2024

     

     PARA VOTAR POLA VOSA FOTOGRAFÍA GAÑADORA SÓ TEDES QUE FACER CLIC SOBRE A FOTO DA EXPOSICIÓN E NA GALERÍA Á QUE ACCEDEREDES VOTAR POLA QUE ELIXADES (COMPUTARANSE O NÚMERO DE VOTOS EMITIDOS E NON O DE ESTRELAS DE CADA FOTOGRAFÍA).

Álbum: Curso 2023-24 -> Fotografías_Arte_na_túa_cidade

CARTEIS GAÑADORES CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2024

     Nesta galería podedes ver os carteis gañadores do Concurso-Exposición do día das Letras Galegas 2024 convocado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.

     Nos arquivos adxuntos poderedes atopar:

  • A guía de actividades de educación infantil e primaria propostas para traballar a cartelería.
  • Unha regra conmmorativa do día las Letras Galegas 2024
  • Un marcapáxinas de Luisa Villalta (Letras Galegas 2024).

      Esperamos que sexan do vosa agrado.

Álbum: Curso 2023-24 -> Expo_Luísa_Villalta

XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ARTE NA TÚA CIDADE"

 

Cartel concurso

Murais de aulas/niveis "FELICITA EN GALEGO 2023"

     Aquí vos deixamos as fotos dos murais elaborados coas postais do concurso FELICITA EN GALEGO.

     Esperamos que sexan do voso agrado.

      

Álbum: Curso 2023-24 -> Felicita_en_Galego

POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO "FELICITA EN GALEGO"

     Aquí vos deixamos un gif co mural elaborado coas postais gañadoras do curso do centro "FELICITA EN GALEGO".

MURAL FELICITA EN GALEGO

     Moitas grazas a todos e todas por participar e BO NADAL e VENTUROSO ANO 2024.

EXPOSICIÓN OUTONO/SAMAÍN 2023

     Aquí vos deixamos as fotos da exposición cos minimundos creados con elementos do Outono.

     Darlles as GRAZAS ás familias pola súa colaboración e felicitalos pola creatividade nas creacións.

     Podedes acceder á galería de fotos premendo na fotomontaxe ou facendo clic na entrada ao álbum que aparece nesta publicación.

     Esperamos que sexa do voso agrado.

Fotomontaxe Outono Samaín

Álbum: Curso 2023-24 -> Minimundos_outono
Distribuir contido


by Dr. Radut